GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Presentadas 278 reclamacións ao censo, o 60 % deles no exterior

(25/09/2012)

Presentadas 278 reclamacións ao censo, o 60 % deles no exterior

A maioría das peticións de corrección formalizáronse desde o estranxeiro, 171 en total, que motivaron 107 altas que non se contemplaron entre a listaxe inicial

Autor:
redacción /a voz
Data

Un total de 278 reclamacións foron expostas á Oficina do Censo Electoral por persoas indebidamente incluídas nos censos de residentes ou de galegos no exterior. A maioría das peticións de corrección formalizáronse desde o estranxeiro, 171 en total, que motivaron 107 altas que non se contemplaron entre a listaxe inicial de electores residentes no exterior, así como 9 baixas e outras 53 variacións de consulado de referencia.

As 107 reclamacións expostas dentro da comunidade galega e a incidencia das remitidas desde o exterior xeraron outras 111 baixas e 65 altas máis no censo final.

O pasado venres concluíu o prazo para solicitar participar desde o estranxeiro nos comicios galegos, comezando hoxe as oficinas provinciais do censo o envío das papeletas e documentación, que poderán ser remitidas por correo ata o 16 de outubro ou entregadas nos consulados para depositar o voto en urna entre os días 17 e 19.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas