GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo retárdase en Ames tras caer a inmigración nun 5%

(25/09/2012)

O censo retárdase en Ames tras caer a inmigración nun 5% 

O verán acaba con preto de 29.800 veciños

Rexistran oitenta 'foráneos' menos ao ano

MARCOS MANTEIGA AMES  25.09.2012

O máis que acusado crecemento do padrón amiense, que auguraba alcanzar os ansiados 30.000 veciños este mesmo verán, tocou con óso... e chámase crise. Desta forma, desde o Concello confirmaban que despediron o mes de agosto con 29.760 habitantes, achacando a ralentización da afluencia de novos veciños ao baixón que experimentou a inmigración (oitenta persoas menos ao ano, un -5%).

Desta forma, e malia que o ritmo de nacementos parece que se mantén (case un rapaz ao día), o outro gran factor de crecemento poboacional, a afluencia de inmigrantes, si que parece ter perdido fol, dato do que o propio rexedor, o popular Santiago Amor, é consciente, e que pode deberse á acusada situación de crise que experimenta Europa fronte ao auxe dalgúns países suramericanos, como pode ser Brasil.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas