GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de afiliados estranxeiros sitúase en agosto en 1.748.415

(24/09/2012)

O número de afiliados estranxeiros sitúase en agosto en 1.748.415


· A afiliación baixa en 16.517 persoas, o -0,94 %, respecto de xullo

20 setembro 2012

Trabajadores extranjeros



En agosto a afiliación á Seguridade Social de cidadáns estranxeiros decreceu en 16.517, o que equivale a un -0,94% e rompe a tendencia dos cinco últimos meses de crecemento consecutivo.

En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por encima da do total de empregados. A variación anual entre o colectivo rexistrou un descenso do -4,46% (-81.631) fronte ao -3,43% do conxunto do Sistema. Ambos os indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está afectando con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.

O balance xeral de agosto reflexa que do total de estranxeiros afiliados (1.748.415), 1.089.621 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 658.794 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.088.382 traballadores (sen incluír os Sistemas Especiais Agrario e do Fogar). Séguenlle o Sistema Especial Agrario, con 226.610 persoas; o de Autónomos, con 216.878; o Sistema Especial do Fogar, con 209.321 e o Réxime Especial do Mar, con 5.119 traballadores.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número de afiliados estranxeiros, con 399.541 traballadores (22,8%), seguido da Comunidade de Madrid, con 362.802 (20,7%); Andalucía, con 203.522 (11,64%); Comunidade Valenciana, con 179.218 (10,25%); e Baleares, con 86.954 (4,97%). Cabe destacar que Estremadura, (15.809) e Melilla (3.952) son as únicas que ven crecer o número de afiliados estranxeiros.

Por sexos, da cifra total de 1.748.415 afiliados, 933.641 son homes e 814.773 mulleres.



Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

TOTAL XERAL

Xeral        (1)

S.E. Agrario

S.E.      Fogar

AUTÓNOMOS

MAR

CARBÓN

FOGAR

TOTAL

ANDALUCÍA

174.331 

83.618 

70.569 

20.143 

28.567 

474 

150 

203.522 

ARAGÓN

58.685 

38.788 

13.080 

6.817 

6.294 

99 

34 

65.113 

ASTURIAS

12.373 

9.173 

441 

2.759 

2.100 

232 

255 

20 

14.980 

ILLES BALEARS

71.423 

62.337 

1.880 

7.207 

15.221 

260 

49 

86.954 

CANARIAS

61.641 

54.308 

2.915 

4.418 

15.756 

482 

51 

77.930 

CANTABRIA

10.801 

8.056 

273 

2.471 

1.495 

142 

11 

12.449 

CASTELA-LEÓN

49.269 

33.975 

7.460 

7.834 

6.008 

162 

54 

55.492 

CAST.-A MANCHA

58.520 

33.282 

19.818 

5.420 

5.817 

44 

64.381 

CATALUÑA

352.340 

289.655 

23.060 

39.625 

45.934 

907 

361 

399.541 

C. VALENCIANA

148.853 

105.822 

26.493 

16.537 

29.816 

417 

132 

179.218 

EXTREMADURA

14.062 

5.452 

7.354 

1.257 

1.742 

15.809 

GALICIA

28.027 

21.924 

1.451 

4.652 

5.069 

1.577 

52 

34.724 

C. DE MADRID

326.096 

258.498 

2.072 

65.526 

36.170 

55 

480 

362.802 

R. DE MURCIA

72.696 

25.746 

41.031 

5.919 

5.137 

158 

45 

78.035 

NAVARRA

21.511 

14.214 

3.443 

3.854 

2.841 

15 

24.367 

PAÍS VASCO

45.364 

32.013 

2.261 

11.091 

6.765 

386 

51 

52.566 

A RIOXA

12.898 

8.053 

2.993 

1.852 

1.407 

17 

14.322 

CEUTA

1.994 

1.362 

628 

230 

29 

2.257 

MELILLA

3.428 

2.107  

1.312 

509 

14 

3.952 

TOTAL

1.524.313 

1.088.382 

226.610 

209.321 

216.878 

5.119 

517 

1.589 

1.748.415 

 


(1) Non se inclúen os afiliados dos Sistemas Especiais Agrario e Fogar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas