GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo exterior cae en Europa e crece en Asia e sobre todo en América

(24/09/2012)

O censo exterior cae en Europa e crece en Asia e sobre todo en América

O retroceso consígnase especialmente en Alemaña, que contará con 1.956 electores menos respecto dos comicios galegos de hai once anos

Autor:
c. p. redacción / a voz
Data

As novas ondas da emigración galega teñen un escenario máis diverso que en anteriores épocas. Os focos tradicionais da diáspora en Europa rexistraron un rechamante retroceso, que no conxunto do continente alcanza unha caída do 2,17 % desde as autonómicas do 2001, circunstancia que non ocorre coa emigración galega en ningunha outra parte do mundo. O retroceso consígnase especialmente en Alemaña, que contará con 1.956 electores menos respecto dos comicios galegos de hai once anos. De feito, Alemaña ten xa menos galegos censados que Francia (15.906), agora o segundo destino europeo. Suíza, aínda o principal foco de atracción, suma 30.123 censados para o 21-O, 1.268 menos que os inscritos nas autonómicas do 2001.

Asia é porcentualmente o continente onde máis se incrementa a presenza galega, ao crecer un 204 %, aínda que só suma 627 censados, a maioría deles en China .

O salto foi espectacular realmente no último decenio en América, ao crecer o censo electoral un 71,2 %, con 129.846 novos membros. A posibilidade aberta para adquirir a nacionalidade española pola lei da memoria histórica levou a listaxe electoral en Arxentina a 141.680 integrantes, 62.291 máis que hai once anos. Porcentualmente o salto aínda ten unhas magnitudes maiores en Cuba, onde poderían votar 27.135 inscritos, un 447 % máis que no 2001.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas