GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aumentan os menores estranxeiros irregulares polo desemprego dos seus pais

(21/09/2012)

Aumentan os menores estranxeiros irregulares polo desemprego dos seus pais

VENRES, 21 SETEMBRO 2012

A irregularidade sobrevinda afectou aos menores de idade de orixe inmigrante. Moitos deles quedáronse "sen papeis" debido a  situación de desemprego dos seus pais, que non poden renovar o permiso de residencia propio nin o dos seus fillos.

Así o denunciou en Barcelona o secretario de inmigración de CC.OO. de Catalunya, Ghassan Saliba. Durante a presentación do informe Centro de Estudos e Investigacións Sindicais (Ceres), alertou das tensións sociais que esta situación pode xerar.

Os pais inmigrantes que perderon o seu posto de traballo non poden renovar o seu permiso de residencia e traballo, xa que ter un contrato é un requisito ineludible para renovar a devandita autorización. Deste xeito, quedan en situación irregular tras residir legalmente, un fenómeno que se coñece como "irregularidade sobrevinda". E, á vez, négaselles o permiso aos seus fillos menores de 18 anos.

A situación de irregulares destes mozos xunto á falta de formación e de oportunidades para atopar traballo pode provocar graves conflitos sociais, advertiu Saliba, algo que afectaría especialmente ao colectivo marroquí, con situacións de xenofobia e racismo.

Pero estes non son os únicos problemas que deben afrontar os inmigrantes ao realizar os seus trámites de estranxeiría. Xunto coas instrucións por parte do Executivo central de denegar a nacionalidade española aos estranxeiros que estean cobrando o paro ou algunha axuda por non contar con ingresos suficientes, está a tardanza na cita para presentar o expediente de naturalización. En Barcelona dáse cita con dous anos de atraso de media.

Saliba insistiu en que estas medidas xeneran as condicións para que se produzan situacións de violencia e tensión social que afectan á convivencia . www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas