GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Sergas atendeu en setembro a 1.854 inmigrantes irregulares

(21/09/2012)

O Sergas atendeu en setembro a 1.854 inmigrantes irregulares

Os traballadores sociais poderán acreditar a súa falta de recursos

Autor:
elisa álvarez
Localidade:
santiago / a voz
Data

O Sergas xa deu a coñecer a documentación que terán que presentar os sempapeis que residen en Galicia para optar ao Programa Galego de Protección Social de Saúde Pública, que lles ofrece a mesma cobertura que o cartón sanitaria. O máis importante é que todos os certificados que non poidan conseguir -como os ingresos no seu país de orixe- poderán substituírse por un informe do traballador social do centro de saúde, ou do concello no que reside, no que se constate que o inmigrante irregular cumpre os requisitos para acceder ao programa. O único que si debe presentar obrigatoriamente o afectado é a solicitude e un documento identificativo, a non ser que non poida facelo por problemas de saúde -un enfermo mental, por exemplo-, nese caso poderá facelo de oficio a Administración.

Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, presentou o programa co que se dá aos sempapeis a cobertura que perderían tras a entrada en vigor do real decreto do Goberno central, que lles quita o dereito ao cartón sanitario. Mosquera insistiu en que ningún residente galego quedará sen asistencia, e como exemplo sinalou que durante os primeiros 18 días de setembro atendeuse en actividade ordinaria, é dicir, non en urxencias, a 1.854 irregulares en 3.058 citas programadas.

Os requisitos para acceder ao programa son ser residente estable -polo menos 183 días empadroado en Galicia-, non ter recursos nin en España nin no país de orixe e non ter acceso á asistencia gratuíta a través doutra vía. Estes requisitos tradúcense en documentación como a denegación de inscrición no rexistro central de estranxeiros, unha declaración do IRPF ou o certificado de ingresos do país de orixe. Precisamente unha das principais reivindicacións das oenegués era que os traballadores sociais puidesen constatar a falta de ingresos, xa que nalgúns Estados é moi difícil lograr a documentación, máis aínda para un irregular sen recursos.

Actualmente hai en Galicia uns nove mil sempapeis que ata o 1 de setembro deste ano tiñan cartón sanitario por estar empadroados desde hai seis meses, e quedaron sen ela coa entrada en vigor do novo real decreto. Este colectivo ten ata xuño do 2013 para acollerse ao programa, mentres que os que vaian cumprindo os requisitos, por exemplo porque ata agora non vivían en Galicia, poderán irse incorporando. A solicitude de inclusión farase no centro de saúde, e a unidade territorial de Cartón Sanitario será a que se encargue de aceptala ou denegala. Ademais, as persoas incluídas neste programa deben solicitar a súa renovación anualmente, pero non volver presentar a documentación.

O programa galego non permitirá o acceso á cobertura sanitaria nin noutras comunidade nin noutro país da UE, como si permite o cartón. Con este plan, a Xunta quere fixar criterios de exclusión que distingan situacións de fraude ou de turismo sanitario e pacientes con terceiros obrigados ao pagamento daqueles colectivos sen recursos que non teñan ningunha outra vía para acceder á sanidade galega, como é o caso dos sempapeis.

 

Como acceder á sanidade

As vías de acceso á sanidade en Galicia son mediante o aseguramiento do INSS ou o Instituto Social da Marina ; a través de convenios especiais ou acordos colectivos específicos; por estar incluído nun suposto especial -menor de idade, vítima de protección internacional, embarazo e parto, vítimas de trata de seres humanos e urxencias-; adheríndose ao novo programa galego, ou participando nos programas de saúde pública, como o da tuberculose ou o VIH. Ás persoas que non estean en ningún destes casos facturaráselles a asistencia se hai un terceiro obrigado ao pagamento, como no caso dos accidentes de tráfico, e se non ao propio interesado.

 

Problema demográfico

Feijoo comprometeuse a dar asistencia sanitaria aos sempapeis polo grave problema demográfico que sofre a comunidade e porque o nivel de déficit da comunidade permite non acometer axustes que si tiveron que levar a cabo outras comunidades autónomas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas