GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A taxa de coruñeses que emigran aumentou na última década un 84%

(18/09/2012)

A taxa de coruñeses que emigran aumentou na última década un 84%

El Ideal Gallego/n s. dapena a coruña - Actualizado 16 Setembro


A crise fixo repuntar o número de persoas que abandonan a cidade para buscar o seu futuro noutros lugares. O incremento foi máis notable nos dous primeiros anos da recesión e, aínda que en 2011 baixou, o resultado dos últimos dez anos non deixa lugar a dúbidas do cambio.
As dificultades económicas apertan como unha soga ao pescozo e os galegos, e en particular os coruñeses, optan cada vez máis por coller as maletas e deixar a súa terra para buscarse a vida. Proba desta tendencia é que na última década o número de emigrantes da cidade a outras comunidades ou países incrementouse nun 84%. A maioría dos galegos no exterior relacionan esta volta ás orixes dos avós coa procura de traballo lonxe da Coruña.

Os tempos cambian e aínda que a cidade segue recibindo moitos inmigrantes, tamén crece o volume de persoas que percorren o camiño á inversa, en moitos casos pola crise económica. Os datos dun informe do Instituto Galego de Estatística sobre migracións demostran que na última década -de 2001 a 2011- emigraron un 84% máis de coruñeses para buscar un futuro mellor fóra da Coruña.

A gran maioría márchanse a outras autonomías, aínda que tamén crecen os que van ao estranxeiro

Con todo, e en contra do que cre moita xente, de momento os coruñeses optan por mudarse a outras comunidades xa que representan o 80% do total de persoas que din adeus á urbe. As viaxes ao estranxeiro tamén crecen con respecto ao que era habitual en 2001 pero en moita menor medida.


as mulleres, ao exterior

O máis curioso é que a pesar destes datos negativos a nivel demográfico 2011 non foi o peor ano en canto a caída do padrón, pois tanto 2008 como 2009 (cando comezou a recesión) restaron máis habitantes.

As estatísticas indican que son máis os homes que se marchan a outras autonomías, mentres que as coruñesas son máis aventureiras á hora de probar sorte noutros países.

Os datos atopan pouco apoio desde o tecido asociativo galego fóra da comunidade pero a nivel xeral si se nota a chegada dalgunha persoa puntual, e é que, a pesar do aumento notable de emigrantes, as cifras quedan en 2.877 coruñeses que se marcharon a calquera zona do país e o destino está moi repartido.

"Creo que esa migración a fóra da Coruña é real, é unha emigración laboral, pero agora a xente xa vén con traballo", explica a presidenta da Federación de Centros Galegos no País Vasco, Pilar Rodríguez, que tamén preside a entidade Fillos de Galicia en Sestao.

Desde a agrupación viron chegar a algúns coruñeses nos últimos anos por motivos sentimentais e, sobre todo, laborais, pero non manexan cifras altas porque os seus asociados non repuntan. "Agora xa non acoden á asociación porque hai máis formas de atopar traballo, antes os galegos viñan ver que pasaba e asociábanse porque necesitan recorrer aos que chegaban antes", xustifica Rodríguez.



poucos na empresa

Pese ao aumento de despedidas, en Cataluña, o presidente da Federación de entidades galegas, Domingo Balboa, descarta que ese fluxo de emigrantes acuda masivamente á zona como ocorría antes porque "tamén están bastante mal as cousas".

Tampouco notan o incremento desde a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid a nivel socios, o que fai pensar que os que se marchan buscan traballo por conta allea e non no autoemprego.

O seu director xerente, José Cerdeira, si referenda a idea de que os galegos que se marcharon fixérono para facer carreira alí. Outros só están asociados, pero seguen traballando desde A Coruña ou outras cidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas