GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Concello da Coruña apoia un programa da ONGD Ecos do Sur para a Inserción laboral de colectivos vulnerables

(14/09/2012)

O Concello da Coruña apoia un programa da ONGD Ecos do Sur para a Inserción laboral de colectivos vulnerables

 
 
Mércores, 12.09.2012
  • Destinará 6.000 euros ao programa "Inserción laboral ao inmigrante".

Ecos do Sur. Programa de inserción laboral de inmigrantes.

O Concello da Coruña destinará 6.000 euros ao programa "Inserción laboral ao inmigrante", da ONGD Ecos do Sur. O obxectivo xeral deste servizo é facilitar o acceso ao emprego do colectivo inmigrante e emigrante retornado, así como a persoas en risco de exclusión social (mulleres vítimas de violencia de xénero, parados e paradas de longa duración, etc...) residente na cidade da Coruña.

De xeito máis específico, infórmase os usuarios e usuarias sobre cuestións básicas para a integración socio-laboral, valorando cada paso especificamente e orientándoo. Tamén se fomenta a busca autónoma de emprego, e que esta se apoie no uso das novas tecnoloxías. Outra das accións céntrase en realizar unha mediación entre as persoas demandantes de emprego e o tecido empresarial, establecendo canles de comunicación coa finalidade de conseguir a inserción laboral do colectivo, potenciando a súa participación real no mercado de traballo. As actividades concretas incluídas neste proxecto son orientación laboral xeral, busca activa de emprego e intermediación laboral coas persoas ou entidades empregadoras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas