GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O paro e a crise reducen o diñeiro que envían os inmigrantes dende España

(14/08/2012)

O paro e a crise reducen o diñeiro que envían os inmigrantes dende España

Cada vez son máis os inmigrantes que volven aos seus países, algúns deles, economías hoxe emerxentes

s.e / efe / madrid

Día 11/08/2012 -01.52 h

O aumento do desemprego entre os inmigrantes fixo que as remesas de diñeiro enviadas dende España se reducisen un 14% nos tres primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2011.

E é que, a inmigración é un dos sectores máis azoutados polo paro. A taxa de desemprego é do 35%, fronte ao 22% que reina entre a poboación española ou con dobre nacionalidade. Esta cifra supón que dos case cinco millóns de inmigrantes de máis de 16 anos que hai no noso país, tres están en activo e dous non. Dos 3.449.300 estranxeiros en activo, 1.233.400 están no paro.

Os inmigrantes de Brasil, Colombia e Ecuador son os primeiros en volver ao seu país

A crise económica está a transformar a España de país de acollida de inmigrantes en emisor, cun número crecente de españois que deciden probar sorte no estranxeiro, indican os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

En concreto, e segundo as estimacións do INE, España recibiu no primeiro semestre de 2012 un total de 178.021 persoas, fronte ás 269.515 -entre españois e estranxeiros- que decidiron abandonar o país no mesmo período.

Segundo un informe de remesas.org, por segunda vez nos últimos cuatros anos as remesas que emite España sofren un descenso, principalmente pola falta de traballo entre os inmigrantes, que está a provocar un aumento do retorno.

Respecto aos inmigrantes, crece o retorno sobre todo daqueles cidadáns procedentes de países como Ecuador, Brasil e Colombia onde a mellora na situación económica lles brinda nestes momentos máis oportunidades.

As remesas son menos rendibles

«Calculamos que case a metade da poboación colombiana que vive en España podería volver nos próximos meses porque a economía de Colombia é agora das máis puxantes», prognostica a Efe o vicepresidente de ACULCO -Asociación Sociocultural e de Cooperación ao Desenvolvemento por Colombia e Iberoamérica-, Iván Santos.

Explica que as remesas son menos rendibles que hai uns anos pola perda de valor do euro. «Por un euro, dábanche 3.000 pesos e agora uns 2.000».

O saldo entre os inmigrantes que saíron do país e os que entraron é negativo: 228.890 abandonaron España e entraron 178.021, polo que entre xaneiro e xuño de 2012 había 50.869 estranxeiros menos.

O informe sobre as remesas destaca que se encadearon tres trimestres consecutivos en negativo: o primeiro de 2012 cun descenso do 14 por cento; o cuarto trimestre de 2011 co 11 por cento e do 5,5 por cento, no terceiro de 2011.

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas