GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vilagarcia. A Desalambrar recorda o drama da inmigración

(07/08/2012)

A Desalambrar recorda o drama da inmigración

Enchen de cruces a praia de Concha-Compostela con caras anónimas

Cruces instaladas en la playa de A Concha-Compostela

 

 

 

 

 

 

 

            

Cruces instaladas na praia da Concha-Compostela. Iñaki Abella


REDACCIÓN / VILAGARCÍA O drama que sofren moitos inmigrantes no seu traxecto ás costas europeas foi reflectido onte pola Plataforma A Desalambrar na praia da Concha-Compostela. A plataforma cubriu unha ampla zona desta contorna con cruces nas que figuraban retratos de inmigrantes anónimos.

A intención da plataforma é facer visible a traxedia que supón a morte de miles de inmigrantes cada ano no seu afán de alcanzar as costas dos países desenvolvidos co único obxectivo de conseguir un futuro mellor. Os motivos da elección de Vilagarcía para facer patente este acto non foron casuais.

O porto de Vilagarcía viu como chegaban nas adegas de moitos barcos un importante número de polizóns, que arriscaron a súa vida para tratar de atopar un futuro mellor. Durante varias horas, as cruces estiveron situadas no areal vilagarcián. A plataforma mestura a arte co diálogo para dirixilos cara a unha conciencia que non pode ou non quere ver a realidade que existe tras a inmigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas