GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O presidente da Deputación da Coruña comprométese a prestar apoio ao Museo da Emigración en Arxentina

(06/08/2012)

O presidente da Deputación da Coruña comprométese a prestar apoio ao Museo da Emigración en Arxentina

 
 
Luns, 06.08.2012

Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, recibiu a semana pasada ao presidente da Federación de Sociedades Galegas na República Arxentina e director do Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA), Francisco Lores, ante quen se comprometeu a visitar o país austral antes de que remate o ano e a prestar axuda ao Museo, unha institución de carácter permanente non lucrativa, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento. O seu obxectivo consiste en adquirir, protexer, conservar, investigar, comunicar e exhibir o patrimonio material e inmaterial do colectivo galego vinculado á emigración, ao exilio e ao seu ámbito, co propósito de estudo, educación e deleite do público.

Lores, de visita por Galicia, onde tamén se entrevistou co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a estanza na comunidade autónoma para reunirse coas principais autoridades da rexión e expoñerlles as súas preocupacións no que respecta á colectividade galega no exterior, e máis concretamente, en Arxentina.

Tras o encontro con Diego Calvo, Francisco Lores destacou a súa predisposición para colaborar no sostemento do Museo, e agradeceulle o trato dispensado, que cualificou de "afectuoso". O presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina resaltou o feito de que moitos cargos en Galicia recaian en persoas novas, como é o cado de Calvo, e nese sentido, mostrouse favorable ao relevo xeracional para imprimir novos aires á vida política.

Lores tamén quixo agradecer o labor desenvolvido por Salvador Fernández Moreda -antecesor de Diego Calvo á fronte da Deputación da Coruña-, durante o tempo que dirixiu este organismo, xa que, segundo dixo, foi a persoa que máis fixo polo Museo. "Foi o que máis nos axudou", puntualizou.

O Museo da Emigración Galega na Arxentina, que abriu as súas portas o 9 de decembro de 2005, encóntrase situado no barrio porteño de San Pedro Telmo, na rúa Chacabuco 955, nun señorial edificio de dúas plantas que pertenceu á familia Thompson e que foi adquirido no ano 1942 pola Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina como sede definitiva.

Obxectos vinculados á emigración, á República Española e ao exilio, doados pola colectividade galega e os seus descendentes forman parte do seu patrimonio, que se completa con documentación de índole pública e privada, rexistros bibliográficos, fotográficos, sonoros e fílmicos, historias de vida, correspondencia epistolar, obxectos persoais, instrumentos musicais pertencentes a orfeóns e grupos musicais locais e galegos, téxtiles, técnicas e sistemas de tecido, ferramentas rurais e de diversos oficios, maquetas, obras de arte, e fondos documentais da Federación e do Centro Republicano Español.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas