GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España busca médicos, deportistas e mariños mercantes estranxeiros

(03/08/2012)

España busca médicos, deportistas e mariños mercantes estranxeiros

Xoves, 02 de Agosto de 2012

O Catálogo de ocupacións de difícil cobertura é unha oportunidade para que profesionais estranxeiros poidan cubrir postos de traballo para os que non existen candidatos en España. Por exemplo, nas Illas Canarias necesítanse dentistas e médicos, mentres que en Melilla faltan pasteleiros. Os deportistas e mariños mercantes son requiridos en todo o país.

Aínda que a taxa de desemprego en España roza o 25%, e supera o 30% entre os traballadores inmigrantes, hai algunhas ocupacións que non se logran cubrir cos traballadores que hai no país. A crise económica notouse na brevidade dos actuais catálogos, que en anos de bonanza eran bastante máis extensos.

Estes postos forman parte do Catálogo de ocupacións de difícil cobertura para o terceiro trimestre de 2012. Trátase dunha listaxe que elabora o Ministerio de Emprego cunha bolsa de traballo que se oferta no estranxeiro e que permite tramitar a autorización inicial de residencia temporal e traballo por conta allea.

Deste xeito, as persoas estranxeiras que poden cubrir os devanditos postos de traballo teñen a posibilidade de permanecer e traballar legalmente en España. Iso si, o requisito é que o contrato debe asinarse no seu país orixe. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas