GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Unión Profesional estima que 20.000 mozos altamente cualificados abandonarán Galicia no 2012

(30/07/2012)

A Unión Profesional estima que 20.000 mozos altamente cualificados abandonarán Galicia no 2012

Para a asociación, estas cifras «recordan os fluxos rexistrados nos 60»

Autor:
EFE
Data

A Unión Profesional de Galicia, que representa a 45 entes colexiais, prevé que en 2012 abandonen Galicia uns 20.000 mozos de alta cualificación profesional.

A asociación informou este venres nun comunicado da incorporación de dous novos colexios, o de podólogos (Copoga) e o de decoradores e deseñadores de interior.

En canto á preocupación polo abandono de mozos da Comunidade, destaca que entre xaneiro e xullo xa o fixeron 10.000 persoas, que buscaron futuro profesional noutros países.

A Unión sinala que estas cifras «recordan os fluxos rexistrados nos 60» e, de continuar a este ritmo, «bateríase a marca de saída de profesionais galegos a outros países no último medio século».

Para a asociación, unha das claves para evitar esta situación é «adaptar a oferta educativa ás necesidades de empresas e profesionais».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas