GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos de Buenos Aires temen polas súas vidas debido ao aumento da delincuencia

(27/07/2012)

Os galegos de Buenos Aires temen polas súas vidas debido ao aumento da delincuencia

O asasinato do panadeiro lugués Miguel Martínez, emigrado fixo crecer o temor da diáspora

Autor:
agustín bottinelli
Localidade:
correspondente / bos aires
Data

Unha recente enquisa do Observatorio da Débeda Social Arxentina revela que nos últimos 18 meses tres de cada dez cidadáns foron vítimas dun feito delituoso e que oito de cada dez viven con medo á inseguridade.

O asasinato do panadeiro lugués Miguel Martínez, emigrado a Buenos Aires cando tiña 8 anos, fixo crecer o temor na colectividade galega, que na súa maioría vive en zonas onde os delitos aumentaron nos últimos tempos alarmantemente. Estes son algúns testemuños de galegos que foron vítimas dun delito ou temer selo.

Manuel Folgar Martínez, coruñés, confesa que a súa «preocupación é que ás cinco da tarde, se a miña nora sae a comprar polo barrio, ata que non regresa estou co corazón na boca. E o meu fillo menor sae a traballar ás seis da mañá e ata que non volve séntome igual. Máis que preocupado, séntome aterrorizado, é case irracional».

A lucense María López Fiuza afirma: «Teño pánico. Vannos ir matando a todos. Hoxe téñolle medo á miña sombra. Á miña filla asaltárona, rompéronlle un portelo do coche para sacarlle a carteira».

Outra opinión achégaa María Currais, filla de galegos. Relata que lle roubaron «á porta de casa. Trato de non saír de noite. A policía non existe».

«Mátanche como a un can»

«Están a matarnos a todos», afirma María Velay Marcote, de Fisterra. Explica que a maioría dos ladróns están drogados e «se teñen que matar, mátanche como a un can». María Dolores Gallardo, natural de Outes, vive «con medo permanente. Fomos vítimas varias veces», indica.

Outro testemuño revelador é o de Ernesto Blanco Ameijenda, de Cabana: «Os ladróns directamente mátanche. Non estamos libres de nada, nin con reixas, nin con alarma. A delincuencia está en todos lados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas