GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un total de 220 mozos e mozas descendentes de emigrantes galegos e galegas participan na campaña de verán da Xunta

(23/07/2012)

Un total de 220 mozos e mozas descendentes de emigrantes galegos e galegas participan na campaña de verán da Xunta

 
 
Venres, 20.07.2012
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, recibiron hoxe a máis de 120 participantes da segunda quenda.
  • Por primeira vez, toman parte nesta actividade un total de 27 mozos e mozas galegos, para mellorar o intercambio e coñecemento mutuo.
  • Mato lembrou que hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a primeira Lei de Xuventude de Galicia.
  • Destacou que o texto é acorde ás demandas, necesidades e inquietudes da mocidade e co que se pretende dar resposta aos retos de futuro.
 
 
  • Beatriz Mato e Santiago Camba visitaron ás e aos participantes do programa Rutas Coñece Galicia. Foto: Conchi Paz.
    Beatriz Mato e Santiago Camba visitaron ás e aos participantes do programa Rutas Coñece Galicia. Foto: Conchi Paz.
  •  

Un total de 220 mozos e mozas descendentes de emigrantes galegos participarán nestes meses na campaña de verán da Xunta de Galicia. A Consellería de Traballo e Benestar e a Secretaría Xeral de Emigración coordinan esta iniciativa, que leva o nome de “Rutas Coñece Galicia”.

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, recibiron hoxe na Cidade da Cultura aos máis de 120 mozos e mozas que están a participar nesta segunda quenda. Os participantes proceden de Arxentina, Brasil, Cuba, Venezuela e Uruguai.

Por primeira vez este ano, nas “Rutas Coñece Galicia” tamén participan un total de 27 mozos e mozas galegas, co fin de mellorar o coñecemento mutuo e o intercambio. En campañas anteriores, os mozos e mozas procedentes da emigración estaban nun campamento para eles sós.

Ademais deste programa, a campaña de verán da Xunta inclúe máis actividades que chegarán este ano a máis de 8.000 mozos e mozas de entre 9 e 35 anos, e que contan cun orzamento de máis de 2,3 millóns. Consiste en actividades como campamentos de verán, intercambio con outras comunidades autónomas, actividades para maiores de 18 anos ou campos de traballo.

Estas iniciativas inscríbense na política da Xunta de poñer á xuventude “entre as prioridades”, xa que “é un dos grandes activos de futuro”, subliñou Mato. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego elaborou a Estratexia Xuventude 2013, para abordar de maneira transversal e integral todos os ámbitos que afectan aos mozos e mozas galegas. Esta estratexia ten como eixos principais o emprego, a educación, a participación, a mobilidade e o voluntariado.

Todos estes eixos veñen recollidos na “primeira Lei de Xuventude da historia de Galicia”. De feito, hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta norma “que cumpre unha débeda histórica que mantiña esta comunidade autónoma coa xuventude galega”, remarcou a titular do departamento autonómico.

A nova normativa blinda os dereitos, garante as oportunidades para todos os mozos galegos e fomenta a participación directa da xuventude en todos os ámbitos da sociedade. Trátase dun texto “acorde ás demandas, necesidades e inquietudes, e que pretende dar resposta aos retos de futuro”.

Xa nos aspectos concretos deste texto, unha das características máis salientables da Lei de Xuventude de Galicia é o cambio do actual modelo de participación xuvenil cara “un verdadeiro” sistema de representación da mocidade. O texto propón a creación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, un órgano colexiado, independente e aberto a todas as asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que reforza e impulsa a participación da mocidade e da sociedade civil nos temas de interese para a xuventude.

Outra das características desta Lei é a creación do Instituto Galego de Xuventude como órgano técnico especializado, adscrito ao departamento competente, e que terá como misión a materialización dos principios de información á xente nova, formación continua en materia de mocidade e asesoramento técnico en políticas públicas de xuventude. A posta en marcha do Instituto non suporá a creación dun novo ente administrativo, senón que será unha configuración orgánica co nivel de subdirección xeral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas