GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Beatriz Mato: «Non dista moito da época de bonanza», di da emigración dos mozos

(20/07/2012)

«Non dista moito da época de bonanza», di da emigración dos mozos

Autor:
pontevedra/ ourense / a voz
Data

Beatriz Mato referiuse ao dato dos 41.000 españois que emigraron o primeiro semestre, aínda que se mostrou prudente e subliñou que «os datos non distan moito de épocas de bonanza». Citou que no 2007 fóronse 11.000 persoas de Galicia. «Para nós é importante tentar facer a nosa comunidade atractiva, e a maneira é a través dun posto de traballo». E sinalou que desde o seu departamento se están realizando «esforzos» para mellorar a cualificación dos mozos, sobre todo aqueles que abandonaron os estudos durante as vacas gordas da construción «e agora atópanse sen traballo e sen preparación». «Ese colectivo de mozos de menos de 30 anos precisa dunha formación cualificada a través dun acordo cos axentes sociais», e citou o programa Forcom «para que teñan esa formación».

Forcom é un programa pioneiro que combina formación e emprego para estudantes galegos de baixa cualificación co obxectivo de fomentar a súa incorporación ao mercado laboral a través de incentivos dirixidos a empresas. Participan nesas accións os mozos que non teñen formación académica. Unha vez terminado o período de aprendizaxe, e durante seis meses, os participantes no proxecto realizan unha fase de ensinos prácticos en centros de traballo. Ese é o seu primeiro achegamento ao mercado laboral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas