GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Igualdade participa en Madrid no Foro Social contra a trata con fins de explotación sexual

(20/07/2012)

A Secretaría Xeral da Igualdade participa en Madrid no Foro Social contra a trata con fins de explotación sexual

 
 
Venres, 20.07.2012
  • A Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero insta ás comunidades autónomas a aprobar protocolos contra a trata, unha iniciativa á que a Xunta de Galicia se anticipou en 2010 en colaboración coa Fiscalía Superior de Galicia.

Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral da Igualdade, representada pola subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste, participou onte en Madrid no Foro Social contra a trata de persoas con fins de explotación sexual, celebrado na Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. No encontro, a delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Blanca Hernández, instou ás comunidades autónomas a aprobar protocolos de ámbito autonómico contra a trata, en sintonía co Protocolo Marco de Protección de Vítimas de Trata, aprobado polo Goberno central o pasado mes de outubro.

A Xunta de Galicia tense anticipado a esta iniciativa, ao asinar en 2010 un protocolo de colaboración coa Fiscalía Superior de Galicia contra a trata de mulleres en Galicia, que ten sido renovado e actualizado este ano para a súa adecuación ás últimas modificacións lexislativas. Este protocolo ten como finalidade artellar unha liña de actuación conxunta dirixida a combater a trata de seres humanos con fins de explotación sexual e dar unha resposta integral e específica ás mulleres vítimas desta grave violación dos dereitos humanos.

O obxectivo é favorecer a denuncia das vítimas aplicando os recursos legais, entre outros, o período de restablecemento e reflexión dun mínimo de 30 días e, en todo caso, suficiente para que a persoa poida restablecerse e decidir se desexa cooperar coas autoridades na investigación do delito, con autorización de permiso de residencia e traballo e exención de responsabilidade.

Programa galego de atención a mulleres en situación de trata ou prostitución
No marco deste protocolo, a Secretaría Xeral da Igualdade está a desenvolver por terceiro ano consecutivo un programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual, ao que destina este ano 269.000 euros e desenvolve coa colaboración de Cruz Vermella, os Centros Vagalume e Alumar de Cáritas de Santiago e de Ourense, o Centro O Mencer das Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos do Mundo, a Asociación Ecos do Sur e a Asociación Faraxa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas