GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de afiliados estranxeiros crece por cuarto mes e suma 1.760.520

(20/07/2012)

O número de afiliados estranxeiros crece por cuarto mes e suma 1.760.520

A afiliación aumenta en 20.677 persoas, o 1,19%, respecto ao mes de maio

19 xullo 2012

FOTO ILUSTRATIVA DE LA NOTICIA

En xuño, a afiliación de cidadáns estranxeiros creceu en 20.677, o que equivale a un 1,19% e supón o cuarto mes de crecemento consecutivo, que deixan atrás oito meses de descensos. Xuño, do mesmo xeito que maio, é un mes no que habitualmente se incrementa a afiliación de traballadores estranxeiros debido ás campañas agrícolas e á tempada turística.

A mellora da afiliación apréciase en case todos os Réximes excepto no do Fogar, que se extinguiu o pasado 30 de xuño, data a partir da cal os traballadores domésticos encádranse no Sistema Especial do Réxime Xeral, e no Réxime Especial do Carbón, que cae un 7,73%. Destaca o aumento do Réxime Especial Autónomos, que avanza un 1,03% e o do Mar, que o fai nun 0,57%. O Réxime Xeral sobe un 3,06%.

En termos anuais, a afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa en negativo e moi por encima da do total de empregados. A variación anual entre o colectivo rexistrou un descenso do -4,88%, fronte ao -3,18% do conxunto do Sistema. Ambos os indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está afectando con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.

O balance xeral de xuño reflexa que do total de estranxeiros afiliados (1.760.520), seis de cada dez, é dicir, 1.093.041 procedían de países non comunitarios. O resto, 667.479 persoas, de países membros da UE.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.463.921 traballadores (incluídos os Sistemas Especiais Agrario e de Empregados de Fogar). Séguenlle o de Autónomos, con 217.264 persoas, e o Réxime Especial de Empregados de Fogar (extinguido desde o 30 de xuño), con 73.816 ocupados. Para rematar, sitúanse o Réxime Especial do Mar e ao Réxime Especial do Carbón, con 4.967 e 552 ocupados, respectivamente.

Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

TOTAL XERAL

Xeral        (1)

S.E. Agrario

S.E.      Fogar

AUTÓNOMOS

MAR

CARBÓN

FOGAR

TOTAL

ANDALUCÍA

180.560 

86.141 

82.053 

12.366 

28.545 

457 

7.183 

216.746 

ARAGÓN

57.994 

38.265 

15.077 

4.653 

6.284 

107 

1.385 

65.771 

ASTURIAS

11.023 

8.934 

408 

1.681 

2.119 

246 

253 

832 

14.473 

ILLES BALEARS

65.784 

59.829 

1.804 

4.150 

14.983 

240 

2.651 

83.658 

CANARIAS

58.565 

53.114 

2.942 

2.509 

15.695 

447 

1.773 

76.480 

CANTABRIA

9.284 

7.414 

274 

1.595 

1.496 

150 

651 

11.582 

CASTELA-LEÓN

47.097 

34.972 

6.951 

5.173 

5.973 

193 

2.109 

55.371 

CAST.-A MANCHA

58.672 

33.944 

21.260 

3.468 

5.824 

1.587 

66.083 

CATALUÑA

329.559 

287.061 

19.802 

22.696 

45.797 

823 

15.634 

391.813 

C. VALENCIANA

143.827 

104.709 

28.985 

10.133 

29.764 

441 

5.416 

179.448 

EXTREMADURA

13.671 

5.666 

7.160 

845 

1.760 

354 

15.785 

GALICIA

25.895 

21.624 

1.414 

2.856 

5.032 

1.529 

1.570 

34.025 

C. DE MADRID

303.873 

265.562 

2.038 

36.274 

36.785 

56 

26.277 

366.992 

R. DE MURCIA

76.414 

27.030 

45.542 

3.842 

5.144 

142 

1.916 

83.616 

NAVARRA

20.707 

14.484 

3.203 

3.020 

2.972 

696 

24.374 

PAÍS VASCO

43.101 

32.840 

2.631 

7.631 

6.973 

404 

2.675 

53.154 

A RIOXA

12.924 

8.299 

3.573 

1.051 

1.387 

502 

14.812 

CEUTA

1.778 

1.465 

308 

226 

30 

286 

2.320 

MELILLA

3.193 

2.197 

986 

504 

318 

4.016 

TOTAL

1.463.921 

1.093.553 

245.131 

125.236 

217.264 

4.967 

552 

73.816 

1.760.520 

 

(1) No se incluen os afiliados dos Sistemas Especias Agrario e do Fogar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas