GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 41.000 españois emigraron no primeiro semestre do ano

(18/07/2012)

Case 41.000 españois emigraron no primeiro semestre do ano

Cataluña e Madrid lideran un éxodo ao que se sumaron 3.559 galegos

Escrito por:
18 de xullo de 2012

Cunha taxa de paro insoportable e escasísimas perspectivas de cambio, España volve converterse en país emigrante. Que cada vez son máis os españois que optan por facer as maletas e probar fortuna fóra das nosas fronteiras certifícano as últimas cifras feitas públicas polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que onte puña negro sobre branco que 40.625 españois emigraron no primeiro semestre do ano, o que supón máis do dobre que o ano pasado, cando a estas alturas do calendario fixérono 18.274 persoas.

Sumando aos estranxeiros que tamén optaron por deixar o país, a cifra total de cidadáns que saíron de España entre xaneiro e xuño ascendeu a 269.515, tamén superior ao número de quen o fixeron no 2011: 254.352 persoas.

 

Perda de poboación

No que respecta aos españois, non todas as comunidades rexistraron a mesma intensidade migratoria. Por exemplo, Galicia sitúase na parte baixa do ránking en canto a perda de poboación, xa que nos primeiros seis meses marcháronse da comunidade 9.117 persoas, das que 3.559 eran españolas fronte a 5.557 estranxeiras.

É Cataluña a que máis poboación perdeu neste período, no que máis de 87.000 persoas, das que 8.115 eran españolas e case 80.000 foráneas, tomaron a decisión de emigrar da comunidade.

Madrid, con case 49.000 emigrantes, dos que 7.728 eran nacionais e máis de 41.000 estranxeiros, segue a Cataluña, confirmando que as comunidades tradicionalmente receptoras de traballadores foráneos non son capaces de darlles emprego.

Segundo a estatística do INE, o pasado xuño foi o mes no que máis españois saíron fóra en busca dun futuro laboral, en concreto 7.444 persoas, cifra en constante crecemento desde os 5.952 que emigraron en xaneiro.

O saldo entre os españois que saíron do país (40.625) e os que entraron para establecerse (17.518) foi negativo en 23.107 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas