GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un galego na Biblioteca do Congreso dos EUA

(17/07/2012)

Un galego na Biblioteca do Congreso dos EUA

 
 
Martes, 17.07.2012
  • Juan Manuel Pérez traballa na División Hispánica en Washington, unha sección que ten dez millóns de pezas.

Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, na cidade de Washington. Foto: www.estados-unidos.es.

A Biblioteca do Congreso de Estados Unidos, en Washington, ten a súa orixe na súa función de apoio documental a esta institución, aínda que ao longo do XIX (foi fundada en 1800) asumiu o papel de ser a verdadeira biblioteca nacional do país. Cumpridos xa os dous séculos, converteuse na maior do mundo, non só polos seus fondos, que superan as 135 millóns de referencias en todos os formatos e en máis de 450 idiomas, senón pola súa estratexia de universalidade, tanto en abranguer todas as ramas do coñecemento como polas súas relacións con entidades culturais de todo o planeta.

Na División Hispánica, que reúne o material relacionado con España, Portugal e Iberoamérica (só este apartado xa suma 10 millóns de pezas), traballa Juan Manuel Pérez, natural de Carreira, en Ribeira, e o único galego entre os máis de 4.000 empregados e empregadas da Biblioteca. «Empecei a traballar aquí cando era estudante de doutorado na Universidade de Georgetown», relata. O seu cargo é «especialista en referencia» e a súa especialidade é España e Iberoamérica.

Entre os fondos que xestiona e custodia a súa División áchanse documentos tan valiosos e dispares como unha copia do testamento de Isabel la Católica, dúas edicións príncipe do Quijote, incunables españois e unha colección de carteis orixinais da Guerra Civil española. Tampouco faltan autores de literatura galega ou curiosidades como planos de Camariñas realizados en 1750. «Sobre Galicia hai moito material e moi variado», confirma Pérez. «Hai interese por Galicia, polo Camiño de Santiago, por exemplo, en concreto de especialistas en historia da arte», explica, antes de engadir que o seu propio interese pola cultura galega o leva a recomendar novas adquisicións sobre a materia. O propio bibliotecario é autor dun libro sobre a presenza de emigrantes galegos na construción da canle de Panamá entre 1904 e 1914, Prol Mundi Beneficio (Fundación Barrié).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas