(09/07/2012)
A entidade provincial doa 3.000 euros para promocionar as actividades que organizan
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Dolores Faraldo, recibiu á presidenta da asociación Galega Centro de Betanzos de Buenos Aires.
Faraldo felicitouna polo bo traballo realizado nos últimos anos e reiterou o «apoio e compromiso» que o goberno provincial mantén coa asociación bonarense.
A Deputación da Coruña ten asinado un convenio de colaboración de 3.000 euros para a promoción das súas actividades sociais, culturais e educativas. Beatriz Lagoa agradeceu «a colaboración e o respaldo» da institución e explicoulle os últimos proxectos que están a desenvolver en Buenos Aires.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas