GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago de Compostela aproba o primeiro Plan Municipal de Emigración

(06/07/2012)

Santiago de Compostela aproba o primeiro Plan Municipal de Emigración

 
 
Venres, 06.07.2012
  • En Santiago vivían o pasado ano 4.149 persoas de nacionalidade estranxeira, unha cifra que creceu de forma progresiva dende o 2007.

Paula Prado, concelleira de Benestar Social. Foto: Concello de Santiago.

O Concello de Santiago dispón xa do seu primeiro Plan Municipal de Emigración, que recolle as iniciativas nas que fundamentará a atención administrativa e as accións formativas e de integración dirixidas ao colectivo de persoas inmigrantes asentadas na cidade. O plan nace con vixencia ata o 2015 e pretende garantir un dispositivo integral de acollida para inmigrantes no relativo a asistencia administrativa, así como propiciar a súa integración social e económica e impulsar a convivencia cidadá en termos de respecto e diversidade.

O Concello dispón de 50.000 euros anuais para atender estas necesidades, aínda que aspira a obter axudas doutras administracións. E a dispoñibilidade dun plan específico podería facilitar o acceso a esas subvencións, segundo a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, quen indica que este plan facilita abordar a xestión da Unidade de Atención ás Migracións con planificación no tempo, como as accións formativas dirixidas a este colectivo en canto a coñecemento de linguas, tramitación administrativa, formación específica para a solicitude do arraigamento e as campañas de sensibilización, sobre todo en centros escolares.

En Santiago vivían o pasado ano 4.149 estranxeiros e estranxeiras, unha cifra que creceu de forma progresiva dende o 2007, salvo unha pequena baixada no 2010, ata os 4.111.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas