GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os arousáns buscan en Baleares, Alemaña e Suíza o seu futuro laboral

(03/07/2012)

Os arousáns buscan en Baleares, Alemaña e Suíza o seu futuro laboral

En Europa, os emigrantes da comarca tropezan co hándicap dos idiomas

Autor:
rosa estévez
Localidade:
vilagarcía / a voz
Data

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o ano pasado 220 arousáns fixeron as maletas e saíron de España en busca dun futuro mellor. Segundo eses mesmos datos, a maioría dos que decidiron probar sorte fóra elixiron como destino Europa (90), mentres que 64 deles decidiron saltar o charco e lanzarse, de novo, á conquista de América. As súas non son as únicas historias de frustracións e desencantos que acaban na emigración: tamén hai quen se marcan destinos máis próximos, quen buscan os seus horizontes dentro de España.

De seguirlles a pista polo menos durante un tempo encárganse os responsables dos padróns municipais. Neses departamentos afirman que, «de momento», a emigración segue sendo un último recurso ao que moi poucos se apuntaron. Quen non se atreven a saír de España, talvez porque non dominan os idiomas que necesitarían para iso, adoitan pór agora rumbo a Baleares. Antes, a meca do ouro era Canarias, pero a crise cebouse con crueza nas illas Afortunadas e, de feito, hai moita xente que está desfacendo o camiño que os levou ata elas en pleno bum do ladrillo. País Vasco, Madrid e Cataluña son, como sempre, outros dos lugares nos que os arousáns buscan as oportunidades que aquí non atopan.

Logo están os que apostan aínda máis forte e vanse fóra. Alemaña e Suíza, din nos concellos, seguen sendo os destinos preferentes. Moitos desas viaxes son case de ida e volta: acabáronse os tempos nos que, segundo di a tradición, bastaba ser voluntarioso para lograr un emprego e, só despois, preocuparse polo idioma. «Agora, a lingua é un requisito imprescindible», explican nunha oficina de contratación desde a que se xestionan ofertas chegadas desde Europa. Pero non todo o mundo atende a esa advertencia, e tanto no Grove como en Cambados hai constancia de xente que volveu de Suíza tras ter chocado co muro do idioma. E é que Europa demanda cada vez máis profesionais cualificados: as nosas mellores bazas para o futuro.

¿E que ocorre con América? Segundo explican desde os concellos, a gran maioría de traslados a países dese continente obedecen a emigrantes que retornan aos seus fogares tras a frustrada aventura española. Pero entre eles tamén se marchan novos españois que non acaban de ver claro o seu futuro. Hainos que se van probar sorte: non teñen nada que perder. Pero os hai tamén que deciden abrazar as oportunidades que lles saen ao paso empuxados pola certeza de que o seu futuro, aquí, está no aire.

Roi Rodríguez (33 anos), Rosa Villaronga (34 anos) e Xián Rodríguez Villaronga (2 anos).

A familia residía en Vilaxoán ata que decidiron emigrar. O seu destino foi Campinas, unha cidade situada a 90 quilómetros de Sao Paulo (Brasil) e na que residen ao redor dun millón de persoas.

Roi é enxeñeiro de Telecomunicacións, e desempeñou cargos de responsabilidade en varias empresas. Rosa é licenciada en Economía e especializouse en Cooperación. Traballou en varias oenegués e realizou consultorías para a Administración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas