GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cinco respostas básicas sobre os novos requisitos para a Carta de Convite

(29/06/2012)

Cinco respostas básicas sobre os novos requisitos para a Carta de Convite

Venres, 29 de Xuño de 2012

Carta de InvitaciónO Ministerio do Interior, a través da Comisaría Xeral de Estranxeiría, flexibilizou os requisitos para solicitar a carta de convite. A continuación, encontrarás a resposta a cinco preguntas básicas sobre a nova normativa.


--------------------------------------------------------------------------------

Le tamén...
Novos requisitos para a carta de convite, punto por punto

--------------------------------------------------------------------------------

1. Por que hai que tramitar a Carta de Convite? Porque así o esixe a normativa de entrada de estranxeiros en España que realicen viaxes de tipo turístico ou de carácter privado.

2. É o único que necesito para entrar a España? A presentación da carta de convite pode ser esixida polos funcionarios responsables do control de entrada, no posto fronteirizo. Pero isto non supón que non se teña que cumprir co resto de requisitos, como o visado no caso de que este se requira, as garantías de retorno ao país de orixe ou os recursos económicos que esixe a normativa española. Le aquí todo sobre os  
requisitos de entrada en España para estanzas menores a 90 días.


3. A quen afecta? Aplícase aos estranxeiros nacionais de países que non forman parte da Unión Europea e aos que non se lles aplica o réxime comunitario de estranxeiría.

4. Onde se tramita a Carta de Convite? A persoa que invita e que reside en España debe acudir á Comisaría de Policía do seu lugar de residencia para xestionar a solicitude.

5. Por que se cambiou a normativa? Polas presións de países como Brasil e México, que manifestaron ás autoridades españolas o seu malestar polas numerosas inadmisións que se rexistraran nos aeroportos de Barajas (Madrid) e El Prat (Barcelona) dos seus cidadáns. O Goberno brasileiro, de feito, chegou a aplicar a mesma normativa a cidadáns españois, sobre a base do criterio de reciprocidade, polo que os numerosos turistas de España que chegaron a ese país tamén foron inadmitidos. Houbo un caso emblemático, o do pintor Menelaw Sete, que estivo retido 30 horas na sala de non admitidos en Barajas cando o seu destino final era a cidade italiana de Milán.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas