GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A VI Conferencia Sectorial de Inmigración, marcada polos recortes para a integración

(29/06/2012)

A VI Conferencia Sectorial de Inmigración, marcada polos recortes para a integración

Xoves, 28 de Xuño de 2012

A celebración da VI Conferencia Sectorial de Inmigración e Emigración que se celebrou onte estivo marcada polos recortes, xa que o Goberno anunciou en marzo pasado que deixaba sen presuposto o Fondo para a Integración, Acollida e Reforzo Educativo dos Inmigrantes. Na reunión falouse da creación dun único órgano para a coordinación das Administracións Públicas en materia de migracións, de integración e de menores non acompañados.

Asi formulárono a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, e a secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, aos representantes das comunidades autónomas e a FEMP. A ministra insistiu en que deste xeito, se lle daría maior rango ao tratamento da cooperación multilateral en materia de migración, que actualmente asume unha Comisión de Directores Xerais.

Non obstante, o encontro estivo marcado polo presuposto cero do Fondo, que o 2011 xa contaba cunha partida reducida, de 67 millóns de euros. En 2009 o seu presuposto chegou aos 200 millóns de euros. Varios dos asistentes, que representaban as distintas comunidades autónomas, volveron expresar o seu malestar por quedar sen fondos para integrar os estranxeiros que residen no seu territorio.

Durante o encontro tamén se falou de asuntos relacionados coas xestións en materia de integración. Os eixes que quere impulsar o Goberno son garantir o trato igualitario aos estranxeiros fomentando a súa participación en actuacións dirixidas ao conxunto da poboación e elaborar políticas de apoio no seu proceso de integración.

Así mesmo, Báñez destacou que se está impulsando o Protocolo Marco de Menores Estranxeiros No Acompañados, que pretenden coordinar a intervención de todas as institucións e administracións involucradas. 'A día de hoxe é aínda un documento de traballo para o seu estudo e análise coas restantes institucións afectadas'.

A Conferencia, creada a finais do ano 2009 coa reforma da Lei Orgánica de Estranxeiría, pretende facilitar a coordinación das actuacións que desenvolvan as Administracións Públicas na área de inmigración. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas