GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fátima Báñez propón a creación dun único órgano para coordinar a actuación das Administracións en materia de migracións

(29/06/2012)

Fátima Báñez propón a creación dun único órgano para coordinar a actuación das Administracións en materia de migracións


. Co obxecto de dar maior rango á cooperación multilateral en materia de inmigración
. Avánzase na regulación do figura do Español Retornado, unificando os requisitos esixibles para obter a devandita condición

27 xuño 2012

Fátima Báñez preside la VI Conferencia Sectorial de Inmigración

A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, acompañada da secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, presidiu hoxe a VI Conferencia Sectorial de Inmigración e Emigración, na que propuxo aos representantes das comunidades autónomas e a FEMP un debate sobre a procedencia de que exista un único órgano para a coordinación das Administracións Públicas en materia de migracións.

Neste sentido, recordou que a Conferencia, creada a finais do ano 2009, mediante a reforma da Lei Orgánica de Estranxeiría, ten como finalidade "asegurar a coordinación das actuacións que desenvolvan as Administracións Públicas en materia de inmigración".

Neste sentido formulou a necesidade de ampliar as súas competencias, de maneira que exista un único órgano para a coordinación das actuacións en materia tanto de inmigración coma de emigración.

"Con iso, dariamos maior rango ao tratamento da cooperación multilateral en materia de emigración, actualmente asumido por unha Comisión de Directores Xerais", ten explicado Báñez.

Outro dos aspectos máis destacados pola ministra de Emprego e Seguridade Social foi a regulación da figura do Español Retornado, a través dun Real Decreto actualmente en fase de borrador.

Este proxecto nace "coa ambición de articular un documento único que permita o acceso a todas as prestacións relacionadas co retorno dun español, sexa cal sexa a Administración responsable destas.

Así, aclarou Báñez "é a nosa intención impulsar as canles de colaboración coas Comunidades Autónomas para que sexa válido este Certificado como documento acreditativo da condición de Español Retornado".

INTEGRACIÓN DOS INMIGRANTES

Outro dos temas tratados no encontro foi as xestións en materia de integración dos inmigrantes e presentou os eixes sobre os que xirarán as actuacións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En primeiro lugar, garantindo o trato do estranxeiro como un igual e fomentando no posible a participación deste en actuacións dirixidas ao conxunto da poboación. E en segundo lugar, elaborando políticas que apoian o estranxeiro no seu proceso de integración co obxectivo claro de que alcance a súa condición de persoa autónoma.

Finalmente a ministra expresou o impulso que dende a secretaría xeral de Inmigración e Emigración se está a dar ao Protocolo Marco de Menores Estranxeiros No Acompañados, "destinado -aclarou Báñez- a coordinar a intervención de todas as institucións e administracións afectadas. "A día de hoxe é aínda un documento de traballo para o seu estudo e análise coas restantes institucións afectadas".

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas