GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Parlamento galego reclama a supresión do voto rogado, o sufraxio en urna en mesas electorais no exterior e a ampliación de prazos

(27/06/2012)

O Parlamento galego reclama a supresión do voto rogado, o sufraxio en urna en mesas electorais no exterior e a ampliación de prazos

Tamén que se establezan circunscricións electorais para os españois que viven no estranxeiro, a introdución do voto electrónico e que se garanta a actualización permanente do CERA

E.E. 27 de Xuño de 2012


A Cámara autonómica aprobou o martes 26 de xuño unha proposición non de lei para que a Xunta de Galicia eleve estas reclamacións ao Goberno central. O texto foi consensuado polo Partido Popular e o Partidos Socialista e contou co voto en contra dos deputados nacionalistas do BNG.

O Parlamento de Galicia aprobou cunha ampla maioría -63 votos a favor e 12 en contra- unha proposición non de lei consensuada entre PP e PSOE pola que se insta á Xunta a que reclame ao Goberno central a modificación da Lei Electoral para que "os cidadáns españois residentes no exterior dispoñan das mesmas condicións para exercer o seu dereito a voto que o resto de cidadáns".

Así, reclámase que na reforma se inclúa a supresión da obrigatoriedade de rogar o voto e que se faga posible o voto presencial, en urna, dos electores residentes no exterior, "co establecemento de colexios electorais o máis próximos posible ao seu lugar de residencia, tales como casas e centros españois, centros rexionais, oficinas dependentes do Goberno e das comunidades autónomas no exterior, así como nos buques mercantes e de pesca, de altura e gran altura, de bandeira española, que na xornada electoral se atopen en alta mar".

A proposición non de lei tamén recolle unha das peticións clásicas dos españois residentes no exterior respecto ao procedemento de voto: a ampliación de prazos. Así, sinálase que na reforma da Loreg debe contemplarse que "se adecúen os prazos do proceso electoral no exterior a realidade xeográfica e social dos países de residencia".

Tamén se inclúe a introdución do voto electrónico que se considera "como mellor e máis idónea fórmula para o exercicio do dereito constitucional a votar" para os españois residentes no estranxeiro.

A proposición tamén defende a creación de circunscricións electorais específicas para os españois que viven fóra de España. Para iso pídese ao Goberno central que busque as fórmulas xurídicas e políticas que o fagan posible. PP e PSOE entenden que esta posibilidade facilita "a representación directa dos residentes no exterior e o voto persoal en urna".

Para rematar reclaman unha mellora dos mecanismos técnicos e legais que permitan a actualización permanente dos datos do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).

É a primeira vez que PP e PSOE recoñecen nun texto con peso legal o erro cometido na anterior reforma da Loreg e a súa vontade de emendalo a través dunha nova reforma que realmente sirva para mellorar a participación dos españois no exterior nos diferentes procesos electorais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas