GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración organiza dúas xornadas sobre integración de persoas inmigrantes

(25/06/2012)

Emigración organiza dúas xornadas sobre integración de persoas inmigrantes

 
Luns, 25.06.2012
  • A primeira delas enfócase a entidades sociais e público en xeral, e a segunda ten como destinatario o persoal de concellos.
  • A iniciativa terá lugar os días 25 e 26 na sede da EGAP.

“Programa de integración para persoas inmigrantes”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración.

A Secretaría Xeral da Emigración vén de organizar, para os hoxe luns e mañá martes, dúas xornadas informativas baixo o epígrafe “Programa de integración para persoas inmigrantes”, que terán lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago.

A primeira das xornadas ten por destinatarios e destinatarias a representantes de entidades de iniciativa social que están a traballar coas persoas inmigrantes, e público en xeral, interesado por esta materia. Na segunda, de cariz máis específico, agárdase que participen persoal técnico das entidades locais (concellos, fundamentalmente) que estean a desenvolver programas e accións de integración de persoas inmigrantes.

O programa de ambas xornadas é similar, comezando ás dez da mañá cunha breve presentación a cargo do subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón. Inmediatamente despois, farase unha exposición dos diferentes módulos do Programa de Integración (valores constitucionais en España, valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia, valores da Unión Europea, os dereitos humanos, a democracia, as liberdades públicas, etc). Con este “Programa de Integración” preténdese facilitar ás persoas inmigrantes os contidos mínimos que a normativa en materia de estranxeiría lles esixe para que poidan acreditar a súa integración na Comunidade Autónoma galega.

Para dar finalización á xornada, a xefa do Servizo de Información e Tramitación de Subvencións, Mercedes Mato, realizará unhas conclusións finais sobre dito “Programa de Integración” e aclaracións sobre a emisión do informe de esforzo de integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas