GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O alcalde de Vimianzo recibirá aos socios do ABC de Corcubión

(22/06/2012)

O alcalde de Vimianzo recibirá aos socios do ABC de Corcubión

Autor:
carballo / a voz
Data
21/6/2012

O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, recibirá o vindeiro martes a unha representación da xunta directiva da Asociación Benéfico Cultura (ABC) de Corcubión, unha das principais institucións da emigración galega en Buenos Aires e que conta con numerosos socios naturais da Costa da Morte.

A entidade, que este ano conmemora a súa 90.º aniversario, está a celebrar a súa primeira viaxe oficial a Galicia, no que participan preto de medio centenar de socios. A comitiva chegou o sábado a Madrid e onte os viaxeiros desprazáronse ata Galicia, onde teñen previsto percorrer as catro provincias. «Desde o ano pasado vén organizando este tour para visitar aqueles lugares nos que a maioría de nós temos as nosas raíces», explicou no diario dixital da Xunta Galicia no Mundo o presidente da asociación, Carlos Ameijeiras Miñones, natural de Vimianzo. Ademais, o obxectivo desta viaxe, indicou o responsable do ABC, é reunirse tamén cos seus familiares e comprobar como lles está afectando a crise, que eles, dixo, senten «desde o punto de vista emocional».

Os membros do ABC de Corcubión, que naceu o 26 de agosto de 1922, tamén se mostraron moi interesados en poder reunirse cos alcaldes da comarca, para coñecer os problemas que afectan á Costa da Morte.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas