GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

225 residentes no exterior benefícianse da edición deste ano do programa “Reencontros na casa”

(19/06/2012)

225 residentes no exterior benefícianse da edición deste ano do programa “Reencontros na casa”

 
Martes, 19.06.2012
 
 

Imagen de la llegada al aeropuerto de Santiago de las y los primeros beneficiarios del programa promovido por la S.X. da Emigrac

Imaxe da chegada ao aeroporto de Santiago das e dos primeiros beneficiarios do programa promovido pola S.X. da Emigración.

 

As e os 225 participantes da edición deste ano do senlleiro programa “Reencontros na Casa”, posto en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, comezaron chegar hoxe martes ao aeroporto de Lavacolla. Pasada as nove da mañá, aterraba o voo IB 546 coas e cos 106 primeiros, procedentes da República Arxentina, e ao longo de mañá mércores, está prevista a chegada das e dos restantes participantes, procedentes de Uruguai (84), Brasil (17), Cuba (13) e Venezuela (5).

O programa “Reencontros na Casa“ ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra, e a súa familia, aos galegos e ás galegas residentes nos diferentes países de Latinoamérica. A través deste programa facilítase que estas e estes emigrantes teñan a oportunidade de redescubrir as súas raíces, e ao tempo ponos en contacto coa realidade actual de Galicia, case sempre nos mesmos lugares nos que naceron. Para moitos, de feito, é o primeiro retorno á súa terra de nacemento, des que iniciaran a súa andaina alén o Atlántico.

O programa establece a concesión de axudas, polo valor do 60 por cento do custo da pasaxe, entre os seus países de residencia e Santiago de Compostela, agás no caso de Cuba e Venezuela. Nestes dous países, a axuda consiste nun 80 por cento do custo da pasaxe, por mor da situación económica e as dificultades para acceder ás divisas necesarias.

Papel das familias
O papel da Administración galega, ademais de sufragar esta parte importante do billete, é o de velar pola súa saúde no traslado, e organizar coas familias o reencontro. Unha vez realizado este, son elas, as familias, as encargadas da manutención e hospedaxe das persoas beneficiarias da iniciativa. A duración da estadía en Galicia non pode prolongarse en ningún caso máis aló dos tres meses.

Para se beneficiar do programa, o ou a solicitante debeu acreditar ser unha persoa emigrante galega ou filla de emigrante galego, residir en Latinoamérica, ter máis de 55 anos, ser válido por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral da Emigración, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia, así como ter ingresos inferiores a tres veces o importe das pensións asistenciais españolas por ancianidade para o país de residencia. Igualmente, poden beneficiarse os cónxuxes dos emigrantes galegos e galegas que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

Aínda que as e os participantes teñen máis de 55 anos, cómpre subliñar a presenza de beneficiarios e beneficiarias que superan con creces esa media de idade, destacando tres participantes de 89, 87, e de novo 87 anos, os tres procedentes de Arxentina. A media de idade da expedición do 2012 é de 71 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas