GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os mozos, o colectivo que máis emigrou en Santiago no 2011

(19/06/2012)

Os mozos, o colectivo que máis emigrou en Santiago no 2011

O INE publicou a Estatística de variacións residenciais

Autor:
La Voz
Data
18/6/2012
 

A Estatística de variacións residenciais do 2011 publicada estes días polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sirve como baremo para constatar se a crise empuxou de forma masiva ao estranxeiro aos mozos do país.

A partir dos datos elaborados a nivel municipal pódese confirmar que, no caso de Santiago, si se produciu esa tendencia. Así, o principal grupo de idade entre a nova emigración é o comprendido entre os 25 e 34 anos, con 1.294 casos, seguido polo de 35 a 44, que contou con outras 748 baixas. O terceiro continxente de maior fuga é o do tramo de 16 a 24 anos, con 412 baixas, aínda que, en xeral, entre estes casos adóitanse atopar estudantes que buscar mellorar a súa formación.

Sumados os tres tramos, Santiago acusa unha fuga de 2.454 mozos, o que supón o 65% do total das baixas rexistradas no municipio compostelán durante o 2011 (3.774 persoas).

Respecto das altas de residentes en Santiago (o total son 4.407), a maior parte proceden de persoas que moraban con anterioridade noutros puntos da provincia da Coruña. Así, Compostela recibiu no 2011 1.992 persoas, mentres que achegou ao resto da provincia 1.903.

A relación de variacións residenciais co resto de Galicia tamén resultou favorable a Santiago, ao instalarse na cidade 851 persoas, e cambiar de domicilio cara a localidades das demais provincias 595 veciños.

A interrelación co resto de España foi, con todo, negativa para Compostela durante o pasado exercicio, pois foron máis os santiagueses que emigraron (812) a outra comunidade que os que chegaron a este municipio (778 ).

O estranxeiro achegou, pola súa banda, 786 altas a Compostela mentres que foron 464 os residentes en Compostela que decidiron facer as maletas e emigrar a outro país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas