GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 3.400 persoas pediron asilo a España en 2011

(19/06/2012)

Máis de 3.400 persoas pediron asilo a España en 2011

18/06/2012 | lainformacion.com



Madrid, 18 xuño - Un total de 3.422 persoas solicitaron asilo en España en 2011, cifra que no conxunto da Unión Europea ascendeu a 302.000
A ONG Accem, que proporciona atención e acollida ás persoas refuxiadas e inmigrantes, informa destes datos nun comunicado, no que reclama que "a crise económica non debe facernos esquecer a gravidade das circunstancias que obrigan a unha persoa a converterse en refuxiada".

" Máis de 43 millóns de persoas no mundo víronse obrigadas a abandonar o seu lugar de orixe ou residencia habitual ao sufrir violencia, ameazas e persecución a causa da súa nacionalidade, relixión, raza, opinión política ou pertenza a un grupo social determinado", engade.

A organización recorda na súa nota que o 20 de xuño se conmemora o Día Mundial do Refuxiado e sinala que, malia a grave situación de crise socio-económica que vive o país, a sociedade española debe seguir caracterizándose pola súa capacidade para dar acollida e refuxio.

A guerra, a persecución ou a represión están detrás dos fluxos de refuxiados que proceden de países como Afganistán, Iraq, Somalia, República Democrática do Congo, Myanmar, Colombia ou Sudán, que necesitan da acollida española, conclúe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas