GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Plena integración dos inmigrantes no sistema de transplantes español

(18/06/2012)

Plena integración dos inmigrantes no sistema de transplantes español

Luns, 18 de Xuño de 2012

Donación de órganosA predisposición dos inmigrantes a doar os seus órganos en caso de falecemento está directamente relacionada co seu grao de integración na sociedade española. Os estranxeiros de orixe latinoamericana e europeo doan en España nunha porcentaxe maior que nos seus países de orixe.

Así o afirmou o director da Organización Nacional de Transplantes (ONT), Rafael Matesanz, en declaracións a EFE, nas que destacou que se referiu a un estudo específico realizado pola ONT e a Facultade de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Madrid. A investigación sinala que mentres en Latinoamérica a negativa familiar para doar os órganos tras o falecemento supera o 60%, en España esta porcentaxe baixa considerablemente, situándose en torno ao 16% no colectivo de inmigrantes latinoamericanos. Un nivel moi similar ao dos españois.

En definitiva, os estranxeiros residentes en España teñen unha propensión a doar órganos moito máis alta que nos seus países porque perciben que o sistema funciona e que se lles trata en igualdade de condicións. Trátase dun grao de integración no sistema de transplantes que non se conseguiu en ningún outro país europeo, segundo Matesanz.

O desafío represéntano os colectivos de africanos e asiáticos, nos que a taxa de rexeitamento a doar é maior. Unha mención especial é o colectivo chinés, que habitualmente evita participar no sistema de doazón de órganos, principalmente por motivos relixiosos. Tamén as persoas de relixión musulmá. E é que aínda que o Islam non está en contra da doazón de órganos, hai múltiples interpretacións que poden incidir na reticencia deste grupo.

En canto ao cartón sanitario, o director da ONT valorou positivamente as restricións no acceso a estranxeiros que non residen en España porque considera que freará o turismo de transplantes. Con todo, respecto dos inmigrantes irregulares afirmou que "ninguén que estea vivindo connosco e que necesite un transplante vai deixar de telo". www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas