GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Novidades sanitarias para os inmigrantes, pero non para os irregulares

(18/06/2012)

Novidades sanitarias para os inmigrantes, pero non para os irregulares

Venres, 15 de Xuño de 2012

O Ministerio de Sanidade corrixiu parte dos erros e incógnitas que se establecían no Real Decreto-Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde. Os cidadáns españois e estranxeiros que residan regularmente en España e teñan ingresos inferiores a 100.000 euros anuais terán dereito ao cartón sanitario, aínda que non coticen á Seguridade Social. Con todo, non se cambiou a situación dos inmigrantes irregulares, que seguirán sendo atendidos en urxencias ou en caso de embarazo ou se son menores de idade.

Os estranxeiros da Unión Europea ou procedentes de países que conten con convenios con España serán atendidos nas condicións que se establezan nos acordos bilaterais. Os inmigrantes en situación irregular só recibirán asistencia sanitaria previo pago da prestación ou dunha cota derivada da subscrición dun convenio especial.

Son parte das novidades que recolle o proxecto de real decreto que regula a condición de asegurado e de beneficiario a efectos da asistencia sanitaria en España. Esta norma derroga o real decreto que establece a cobertura da asistencia sanitaria a persoas sen recursos económicos suficientes.

Para establecer se se está por baixo do límite de 100.000 euros, teranse en conta os rendementos do traballo, do capital, de actividades económicas e ganancias patrimoniais suxeitos a gravame. Ademais,  enténdese que non superan eses ingresos os cidadáns que non están obrigados a facer a declaración da renda.

Así mesmo, establécese como beneficiarios aos cónxuxes da persoa asegurada ou quen conviva con ela, sempre que sexan unha parella de feito debidamente inscrita no rexistro correspondente. Tamén o serán os ex cónxuxes que reciben unha pensión compensatoria e os descendentes menores de 26 anos, e en caso de ser maior desa idade, aqueles que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

A condición de beneficiario tamén se estende aos menores legalmente acollidos e aos irmáns e as irmás do asegurado que teñan menos de 26 anos, sempre que convivan co mesmo e dependan economicamente del. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas