GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba participa esta fin de semana na romaxe galega da localidade arxentina de San Julián

(15/06/2012)

Santiago Camba participa esta fin de semana na romaxe galega da localidade arxentina de San Julián

 
Venres, 15.06.2012
  • Tamén visitará Bos Aires e Comodoro Rivadavia.

Xunta de Galicia - Secretaría Xeral da Emigración

O secretario xeral da Emigración iniciou onte xoves unha visita a Arxentina que lle levará, ademais de á capital, ás localidades de Comodoro Rivadavia e San Julián. En Bos Aires, o responsable de Emigración da Xunta de Galicia reuniuse, na tarde de onte, coas e cos participantes no programa Reencontros, aos que explicou as condicións da viaxe, as actividades e calquera dúbida que puideron formular ao respecto. Hoxe venres, ás 19,00 h., Santiago Camba inaugurará no Centro Galego de Comodoro de Rivadavia a exposición Galicia, 100 lugares para volver a mirada, unha mostra que está a percorrer os diferentes países de América. O Secretario Xeral aproveitará a súa estanza nesta localidade para coñecer de primeira man as inquietudes da colectividade. Tamén está prevista unha reunión co intendente de Comodoro Rivadavia. O sábado, sobre as 19,00 h., Camba acudirá á romaxe galega organizada na Sociedade Española de San Julián, onde hai unha pequena pero moi activa colectividade galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas