GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Banco Mundial asegura que a inmigración axudará aos países en crise

(15/06/2012)

O Banco Mundial asegura que a inmigración axudará aos países en crise


A institución subliñou o efecto positivo que tería a mobilidade de persoas para aumentar fluxos de capital entre as nacións.


EFE/ Xoves 14 de xuño de 2012

Banco Mundial asegura que inmigración ayudará a países en crisis


O Banco Mundial (BM) afirmou hoxe que os emigrantes mitigaron os efectos da crise en países desenvolvidos á vez que seguen mantendo a súa influencia positiva en países en desenvolvemento grazas ao envío de remesas.

Nun informe sobre a crise financeira global, o BM afirmou hoxe que a crise entre 2008 e 2009 non levou aos traballadores inmigrantes a volver aos seus países de orixe, pese "ao empeoramento do emprego e a retórica antiinmigrante nalgúns países de destino".

"De feito, os migrantes poderían mitigar algúns dos impactos da crise ao traballar por soldos máis baixos, recibir menos beneficios e depender relativamente pouco do Estado", indica o informe do banco multilateral.

Así mesmo, o vicepresidente do BM para redución da pobreza, Otaviano Canoto, indicou que "durante a crise, as remesas continuaron sendo fonte constante de divisa estranxeira para economías en desenvolvemento nun momento no que a axuda internacional non se incrementa e o investimento estranxeiro directo decreceu rapidamente".

A institución multilateral subliña o efecto positivo que tería a eliminación de barreiras á mobilidade de persoas para aumentar os fluxos de capital entre as nacións e evitar os efectos adversos da crise.

"As remesas son o máis tanxible vínculo entre migración e desenvolvemento", indica o informe, que cifra o achegue destes envíos de diñeiro no mundo nos US$ 399.000 millóns para 2012, por encima do volume de 2011.

"Contrariamente ao que se esperaba, non atopamos evidencias do retorno de emigrantes, ata despois de que a crise financeira reducise as oportunidades de emprego en Estados Unidos e Europa, con moitos países, como España, ofrecendo incentivos para o retorno de inmigrantes", sinala o BM.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas