GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Marina del Corral asiste á presentación da I Guía Informativa para Persoas Xordas Inmigrantes

(13/06/2012)

Marina del Corral asiste á presentación da I Guía Informativa para Persoas Xordas Inmigrantes

A publicación conta co apoio do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Fondo Europeo para a Integración

12 xuño 2012

Presentación I Guía Informativa para Personas Sordas Inmigrantes

A secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, asistiu este martes á presentación da I Guía Informativa para Persoas Xordas Inmigrantes, publicada pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), co apoio do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Fondo Europeo para a Integración.

A publicación describe en varios idiomas os recursos e servizos de interese existentes en España para as persoas xordas inmigrantes e para as organizacións que atenden a este colectivo. Del Corral destacou que a Guía "avanza na elaboración dunha sociedade máis integrada e máis civilizada".

Xunto á secretaria xeral de Inmigración e Emigración presidiron o acto a presidenta da Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade no Congreso, Lourdes Méndez; e a presidenta da CNSE, Concha Díaz.

A publicación ofrece información sobre a división administrativa española e o acceso aos sistemas de protección social, os recursos e servizos dispoñibles, trámites relacionados coa situación de discapacidade e de persoas inmigrantes e os dereitos e deberes das persoas xordas inmigrantes, a fin de que sexan tratadas en condicións de igualdade co resto da cidadanía.

Dispoñible en castelán e en lingua de signos castelá, tamén se traduciu a sistema de signos internacional, árabe, chinés, francés e inglés. E poderá consultarse online a través da páxina web da CNSE (http://www.cnse.es/inmigración/).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas