GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Igualdade destina 269.000 euros ao programa de asistencia a mulleres inmigrantes vítimas da prostitución

(13/06/2012)

Igualdade destina 269.000 euros ao programa de asistencia a mulleres inmigrantes vítimas da prostitución

 
Martes, 12.06.2012
  • Realízase, por terceiro ano consecutivo, coa colaboración das nove entidades que traballan neste eido en Galicia; Cruz Vermella, os Centros Vagalume e Alumar de Cáritas de Santiago e de Ourense, o Centro O Mencer das Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos del Mundo, a Asociación Ecos do Sur e a Asociación Faraxa.
  • No cómputo total do periodo 2010-2012, a Xunta destina a este programa un orzamento de 944.000 euros.

Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral da Igualdade vai destinar este ano 269.000 euros ao programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado polo FSE, e desenvolvido coa colaboración de diferentes ONGs e entidades especializadas na asistencia a estas vítimas. Para formalizar esa colaboración, a titular de Igualdade, Susana López Abella, asinou esta mañá os respectivos convenios coas nove entidades participantes, que representan a totalidade das que en Galicia traballan no eido da atención á prostitución. Trátase de Cruz Vermella, os Centros Vagalume e Alumar de Cáritas de Santiago e de Ourense, o Centro O Mencer das Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos del Mundo, a Asociación Ecos do Sur e a Asociación Faraxa.

Co acordo asinado esta mañá, dáse continuidade ao programa iniciado en 2010 para reforzar e ampliar os servizos que cada unha destas entidades xa presta a estas mulleres, con accións de acollemento; atención psicolóxica; formación e orientación laboral; acompañamento no proxecto persoal; atención sociosanitaria ou integración social.

6.173 mulleres asistidas
No cómputo total do periodo 2010-2012, a Xunta destina a este programa un orzamento de 964.000 euros. Nos dous primeiros anos, 2010-2011, ao abeiro desta colaboración as entidades asistiron a un total de 6.173 mulleres en Galicia -2.632 na provincia de Pontevedra, 2.114 na Coruña, 1.069 en Ourense e 358 en Lugo-, para o que dispuxeron dun orzamento de 675.000 euros da Xunta de Galicia.

Este programa está enmarcado no protocolo de actuación institucional asinado pola Xunta de Galicia e a Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma ao obxecto de articular unha liña de actuación conxunta multidisciplinar dirixida a combater a trata de seres humanos con fins de explotación sexual e dar unha resposta integral e específica ás mulleres inmigrantes que exercen a prostitución en Galicia, vítimas desta problemática.

Segundo o Informe da Ponencia sobre prostitución en España, aprobado polo Congreso dos Deputados no ano 2007, calcúlase que unhas 400.000 mulleres exercen a prostitución, un negocio que move uns 18.000 millóns de euros anuais en España, segundo recoñece a Asociación de propietarios de clubs de alterne. No mundo, aproximadamente uns 4 millóns de mulleres e nenas son compradas e vendidas anualmente, forzadas á prostitución, á escravitude ou ao matrimonio.

O aeroporto de Vigo é unha das zonas con máis tránsito de mulleres vítimas de tráfico procedentes de países suramericanos, para posteriormente ser trasladadas por toda a cornisa cantábrica e mesmo a outros países europeos, segundo revela o Plan integral de loita contra a prostitución e a trata de mulleres con fins de explotación sexual, aprobado polo Goberno central en 2008. Se ben España é utilizada nun grado baixo como país de tránsito, segundo os informes da ONU, é utilizada nun grado alto como país de destino, sendo algún dos principais países de orixe Brasil, Colombia, República Dominicana, Nixeria, Rusia, Ucrania e Romanía.

Unha delegación de Brasil visita Galicia, no Programa Itíneris
Ademais deste programa, a segunda grande liña de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade no ámbito da atención ás mulleres prostituídas concrétase no programa internacional Itíneris, no que participan Galicia, Portugal e Brasil co obxectivo de afrontar a trata en orixe, neste caso Brasil, e establecer actuacións coordinadas para protexer os dereitos das persoas inmigrantes sometidas a explotación e trata.

Dentro da axenda de iniciativas de Itíneris, unha delegación brasileira de axentes e institucións especializadas na materia visitará Galicia os vindeiros 18 e 19 de xuño para manter diferentes xuntanzas coa Administración autonómica e as entidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas