GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Interior envía o borrador do Regulamento dos CIEs aos partidos

(12/06/2012)

Interior envía o borrador do Regulamento dos CIEs aos partidos

Luns, 11 de Xuño de 2012

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, confirmou que o anteproxecto de Regulamento dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) está listo para ser entregado aos portavoces dos partidos políticos. O documento, que por primeira vez regulará o funcionamento destas instalacións, establecerá a separación dos inmigrantes irregulares segundo teñan antecedentes policiais ou penais dos que só están retidos por residir irregularmente. Ademais, deixarán de chamarse CIEs, entre outras novidades. Le aquí o anteproxecto.

Le aquí o ANTEPROXECTO DE REGULAMENTO DOS CIES 

O obxectivo, segundo Fernández Díaz, é que esta normativa conte co maior consenso político para que se transformen en centros non penais. Entre as novidades está o cambio de denominación dos CIE, que cando se aprobe a nova regulación pasarán a chamarse Centros de Estancia Controlada de Estranxeiros (omitindo a palabra 'internamento'). Ademais, fomentarase unha maior presenza de xuíces e fiscais, a fin de que os dereitos dos inmigrantes que permanezan alí conten con maiores garantías.

Como xa se anunciou con antelación, a Policía Nacional estará a cargo unicamente da dirección e a seguridade dos centros. Os servizos asistenciais e sanitarios serán externalizados, de forma que queden en mans de persoal especializado. O Ministro adiantouno durante unha visita ao CIE de Madrid, xunto ao director xeral da Policía Nacional, Ignacio Cosidó, e aos portavoces de Interior do Parlamento.

Os Centros de internamento de estranxeiros aparecen por vez primeira no ordenamento xurídico español na primeira Lei de Estranxeiría (artigo 26 da Lei Orgánica 7/1985, de 1 de xullo, sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España). O texto contemplaba a posibilidade de que o Xuíz de Instrución acordase o internamento de estranxeiros en locais que non teñan carácter penal, como medida cautelar vinculada á súa expulsión.

A primeira regulación regulamentaria do seu funcionamento dáse coa Orde do Ministerio de Presidencia de 22 de febreiro de 1999, que é a que se veu aplicando ata agora. Con todo, unha sentenza de 11 de maio de 2005 do Tribunal Supremo declarou a nulidade de varios dos seus apartados. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas