GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE dá un paso máis para poñer fin á libre circulación de persoas

(11/06/2012)

A UE dá un paso máis para poñer fin á libre circulación de persoas

Luns, 11 de Xuño de 2012

PersonasOs ministros de Interior dos países membros da Unión Europea (UE) están de acordo na suspensión do tratado de Schengen, é dicir, na limitación da libre circulación de persoas por parte do territorio común sen necesidade de levar pasaporte. A suspensión podería prolongarse por ata dous anos.

O obxectivo da reintroducción de controis fronteirizos é bloquear o acceso de inmigrantes irregulares ao resto dos países Schengen cando un dos Estados membros fallase nos controis de entrada ilegal de estranxeiros, o que suporía unha 'seria ameaza á política pública ou seguridade interna'. Os controis nas fronteiras comúns co país que incumprise as normas europeas renovaríanse cada seis meses, podendo estenderse ata un prazo de dous anos.

A norma, que xa conta co acordo dos titulares de Interior, debe aprobarse no Parlamento Europeo para converterse en lei. Tamén se acordou reforzar a vixilancia sobre o xeito en que se realizan os controis nas fronteiras exteriores da UE, especialmente Grecia no seu límite con Turquía, por onde o ano pasado ingresaron máis de 60.000 persoas, a maioría desde Afganistán, Paquistán e Bangladesh.

Aínda que a reintroducción de controis fronteirizos na UE foi apoiada por Alemaña e Francia, a libre circulación de persoas foi un dos principais logros da integración dos 27, que está sendo ameazado polo discurso antiinmigración que impera actualmente. O tratado de Schengen inclúe aos 27 países da UE, salvo Reino Unido, Irlanda e Chipre. Romanía e Bulgaria aceptaron o texto e espérase que se somen pronto. Fóra da UE, a zona inclúe a Islandia, Noruega, Suíza e Liechtenstein. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas