GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Culleredo. Os inmigrantes clausuran o curso de gastronomía galega na Aula de Cociña

(08/06/2012)

Os inmigrantes clausuran o curso de gastronomía galega na Aula de Cociña

El Ideal Gallego/REDACCIÓN | Actualizado 07 Xuño 2012 -

O Concello clausurou a actividade de Aulas Abertas

A Aula de Cociña, organizada polo Concello de Culleredo, celebrou o final de curso cunha pequena festa na que os seus participantes expuxeron as súas creacións culinarias. Este espazo está dirixido a favorecer a integración e no mesmo participaron decenas inmigrantes que aprenderon receitas galegas.

Os alumnos procedían de Perú, Ecuador, Colombia ou Arxentina e a través desta iniciativa, puideron tomar parte nunha actividade que pretende ser un espazo de relación social e persoal, dirixido a adultos de todo o municipio. Esta edición foi especialmente sensible coa situación actual, tanto económica como social polo que se deseñaron talleres en consonancia coas necesidades dos diferentes sectores da poboación cullerdense.

Neste programa participaron douscentos veciños que puideron mellorar ao longo de todo un curso as súas habilidades en varios campos. Como recordan desde o Concello, este tipo de iniciativas contan cunha metodoloxía eminentemente práctica e ofrecen coñecemento de máxima actualidade como novas tecnoloxías ou o coidado infantil ou da economía. A xuízo de Raquel Jabares, "o éxito foi rotundo" atendendo ao número de veciños que tomaron parte.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas