GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As usuarias de 55 centros de información á muller xa poden acceder ao servizo de atención multilingüe

(08/06/2012)

As usuarias de 55 centros de información á muller xa poden acceder ao servizo de atención multilingüe

 
Xoves, 07.06.2012
  • O último CIM en adherirse a este servizo é o da Estrada, ao abeiro do convenio asinado esta mañá pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, José López.

Xunta de Galicia

O Centro de Información á Muller da Estrada (Pontevedra) incorpora desde hoxe un servizo de teledradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, en virtude do convenio asinado esta mañá pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, José López. No acto, celebrado nas instalacións do CIM da localidade, unha usuaria de orixe rusa tivo a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema. Deste xeito, son xa un total de 55 dos 80 CIMs que hai nas catro provincias de Galicia os que prestan esta atención multilingüe para mulleres estranxeiras, á que aínda poden adherirse os restantes centros que ata o de agora non o fixeron.

A Secretaría Xeral da Igualdade ofrece este servizo de teletradución aos CIMs, ás casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que asisten a mulleres vítimas de trata ou de violencia de xénero, sendo un total de 66 entidades as que incorporan en Galicia este sistema, no que os idiomas máis demandados ata o de agora son o ruso, o chino mandarín e o romanés.

O obxectivo do servizo, cuxo custo asume íntegramente a Secretaría da Igualdade, é dar resposta á diversidade poboacional derivada da inmigración e asegurar unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua.

Segundo datos do IGE correspondentes a 2010, en Galicia había 109.670 persoas estranxeiras, 54.447 mulleres e 55.223 homes.

Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero
Estas novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletradución, estas mulleres teñen a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas