GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Serafín Portugal reivindica ás e aos emigrantes retornados

(06/06/2012)

Serafín Portugal reivindica ás e aos emigrantes retornados

 
Mércores, 06.06.2012
  • Reflexiona sobre a diferente acollida que se lles brinda ás persoas que volven a Galicia dependendo de se tiveron éxito ou non.

Serafín Portugal, autor de ‘Reflexiones sobre emigrantes retornados’. Foto: Héctor Barrera.

Os e as emigrantes que volven a Galicia tras un tempo fóra non sempre regresan envolvidos en ouro. Máis veces das que parece a súa estanza no estranxeiro, malia representar unha melloría nas súas condicións de vida, non lles serve para enriquecerse, senón para subsistir, para ir tirando. Así chega un momento en que estas persoas se ven, en certo xeito, obrigado a volver, a retornar, pero coas mans baleiras.

Sobre o apaixonante tema das e dos emigrantes galegos Serafín Portugal é un experto. Precisamente el emigrou a Venezuela e alí residiu durante máis de 40 anos, como tantos miles de galegos e galegas que ao longo do século XX fixeron a maleta en busca dun presente e dun futuro mellor. Como coñecedor de primeira man do mundo da emigración, o profesor Portugal presentou este luns, ás 20.00 horas no hotel Araguaney de Santiago de Compostela, o seu terceiro libro sobre o tema. Despois de Vivencias de un gallego en Venezuela e Gallegos emigrantes emprendedores en el mundo, este licenciado en Ciencias Sociais en Caracas publica Reflexiones sobre emigrantes retornados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas