GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois apoian a libre circulación, tamén para extracomunitarios

(04/06/2012)

Os españois apoian a libre circulación, tamén para extracomunitarios

Luns, 04 de Xuño de 2012

EuropaO 76% considera importante viaxar pola Unión Europea (UE) sen controis fronteirizos internos e o 66% apoia que esta libre mobilidade tamén rexa para os inmigrantes extracomunitarios, cando sexa por motivos laborais e de turismo. Ademais, o 84% apoia que os inmigrantes gocen dos mesmos dereitos que os nacionais, segundo o último Eurobarómetro publicado pola Comisión Europea. Este último dato está por enriba da media comunitaria, que chega ao 68%.

Os cidadáns polacos e lituanos (78%), gregos (73%) e romaneses (72%) son os europeos que máis a favor están de facilitar a mobilidade dos estranxeiros na UE por traballo ou para facer turismo. Os que menos, son os luxemburgueses, cun 54%, e os holandeses e austriacos, cun 52%.

O 51% dos españois cre que hai que facilitar a mobilidade dos inmigrantes para cubrir postos de traballo en sectores específicos nun Estado membro, fronte ao 42% dos europeos. O 30% dos españois está en contra desta medida.

Mentres o 55% dos enquisados de España considera que os estranxeiros contribúen á economía e á riqueza cultural, o 40% non ve beneficios na presenza de inmigrantes no país.

A maioría (o 87%) cre que os Estados membros deben compartir os custos para xestionar a inmigración irregular e o 82% cre que a UE debe dar máis apoio económico aos Estados membros para esta tarefa. E o 57% rexeita que sexa cada Estado membro o que, de forma individual, xestione os fluxos de inmigración irregular. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas