GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Raúl Soutelo analizou as pautas migratorias dos galegos a Venezuela en tempos de Ferreiro

(04/06/2012)

Raúl Soutelo analizou as pautas migratorias dos galegos a Venezuela en tempos de Ferreiro

Rebeca Caride, Santiago | 04 Xuño 2012 -
Raúl Soutelo.

Miles de galegos víronse obrigados a abandonar a súa terra na década dos anos 40. Este masivo fluxo migratorio foi provocado, nun primeiro momento, pola mala situación económica que atravesaba o país, aínda que o feito de promover unhas ideas políticas contrarias ao réxime promoveu o exilio de moitos intelectuais. Este foi o caso do galeguista Celso Emilio Ferreiro.
Segundo explicou o profesor Raúl Soutelo, na súa conferencia sobre a inmigración galega a Venezuela en tempos de Celso Emilio Ferreiro, o fenómeno migratorio arrinca na posguerra civil e consta de tres fases.
Nos anos 40, numerosos exiliados e refuxiados "comprometidos coa loita política e a liberdade", indicou, emigran a Venezuela, "un país cunha política migratoria moi restritiva", e son recluídos en campos de concentración e empregados como man de obra barata. Neste período de tempo xorden asociacións como Casa de España ou a Lareira Galega.
Coa eclosión do mercado venezolano en 1952, establécese, en palabras de Raúl Soutelo, "unha política de portas abertas", xa que se necesitan máis traballadores. Son persoas emprendedoras e con boa formación que se adaptan ao mercado laboral.
Neste momento, a inserción laboral das mulleres é máis fácil porque se solicitan os seus servizos para o coidado de dependentes e a realización dos labores do fogar. Mentres, os homes dedícanse ao sector artesanal e manufacturero, así como á construción e ao comercio.
A caída da ditadura de Pérez Jiménez catro anos máis tarde trae consigo unha maior liberdade e empezan a chegar máis inmigrantes que se integran na Casa de Galicia, fundada en 1956, e o Centro Galego, constituído en 1948, entidades que lles proporcionan asistencia sanitaria. Co tempo, estes inmigrantes instálanse en localidades como Candelaria e Carabobo, creándose "unha sociabilidade rexional que dá paso a asociacións como Amigos de Santiago", dixo o conferenciante.
Esta época de bonanza finaliza en 1958, cando Venezuela se mergulla nunha profunda crise económica e a prensa populista empeza a cargar contra os inmigrantes. Entón, os inmigrantes galegos empezan a dispersarse por outras cidades e créanse as primeiras asociacións.
En 1960 nace a Irmandade Galega de Venezuela, "a entidade que terá máis prestixio na sociedade venezolana", explicou Raúl Soutelo. Composta por 800 socios, que pagan unha cota de 10 bolívares, a asociación "compra un centro social cun local magnífico grazas ao diñeiro que lles dá o banco" porque, segundo o relator, "podíase confiar nos galegos porque eran empresarios e comerciantes".
É a partir desta década cando comeza o retorno dos galegos. O feito de que Venezuela se vise sumida nunha crise e de que os fillos comecen a facerse maiores provocou que moitos inmigrantes vendesen o seu capital. Á súa chegada a Galicia investiron ese diñeiro en sectores como o da construción ou a innovación agroindustrial, entre outros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas