GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes achegan ao Estado tres veces máis do que gastan

(01/06/2012)

Os inmigrantes achegan ao Estado tres veces máis do que gastan

Venres 1 de Xuño


Así o asegura un informe de La Caixa. Os case seis millóns de estranxeiros representan menos do 1% dos beneficiarios das pensións sociais, malia a crise económica

Madrid, Axencias/España. - Para a maioría dos españois, os 5,7 millóns de inmigrantes presentes en España son un gran gasto para o Estado ademais dunha competencia no sector laboral.

Pero o estudo Inmigración e Estado de benestar en España de La Caixa asegura o contrario. Os inmigrantes non consumen máis servizos sanitarios que os españois e demandan gasto social que o seu peso demográfico. Os inmigrantes achegan ata tres veces máis do que custan ao Estado.

"Os argumentos de sobreutilización e abuso do sistema de protección social por parte da poboación están inxustificados. Os inmigrantes reciben menos do Estado do que achegan á Facenda pública", afirma Francisco Javier Moreno, do Instituto de Políticas Públicas do CSIC, e María Bruquetas, profesora de Ciencia Política da Universidade de Ámsterdam.

Os datos oficiais sobre a achega dos inmigrantes ás arcas están desactualizados, pois os últimos son de 2006.De eles despréndese que os inmigrantes contribuíron coa metade do forte crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) español entre 2000 e 2005. A súa achega ás arcas do Estado era francamente positiva: absorbían o 5,4% do gasto público -uns 18.600 millóns de euros-, mentres que achegaban o 6,6% dos ingresos totais, con 23.400 millóns.

Pero, que acontece na actualidade? Os expertos coinciden en que ese saldo positivo de case 5.000 millóns que recollía o informe de Moncloa era o suficientemente cuantioso como para que se mantivese mesmo en tempos de recesión.

Con respecto á porcentaxe de estranxeiros afiliados á Seguridade Social, o número permaneceu practicamente estable arredor do 10 por cento. Case dous millóns de traballadores estranxeiros achegan as súas cotizacións ás contas públicas.

Non obstante, menos do 1% dos beneficiarios de pensións en España son inmigrantes, e máis do 50% son cidadáns da Unión Europa (UE). Prevese que esta situación se estenda polas próximas dúas décadas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas