GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A autorización de regreso a España: como e cando pedila

(01/06/2012)

A autorización de regreso a España: como e cando pedila

Venres, 01 de Xuño de 2012

Autorización de regreso a EspañaOs inmigrantes con residencial legal en España deben solicitar unha autorización de regreso se viaxan ao estranxeiro mentres renovan a súa autorización de residencia ou de estanza ou se solicitaron un duplicado por roubo, extravío ou dano da súa documentación. A autorización de regreso facilita o retorno a España nestes casos concretos. Leo todo aquí.

O artigo 5 do 
Regulamento de Extranxeiría establece as condicións nas que os inmigrantes residentes en España de forma legal deben solicitar unha autorización de regreso para non ter ningún problema ao cruzar a fronteira española.

Cando se debe solicitar a autorización de retorno? En caso de que o interesado iniciase os trámites para a renovación ou prórroga do seu permiso de residencia dentro do prazo establecido para iso. Tamén as persoas ás que lles roubasen a tarxeta de residencia, que a perdesen ou se o documento quedou inutilizado, iso si, sempre que estea en vigor. Para iso, debe acreditar que xa presentou a solicitude dun duplicado.

Canto dura a autorización de regreso? Se a renovación ou prórroga do permiso de residencia se solicitou antes de que os devanditos documentos caduquen, a autorización de regreso terá unha vixencia máxima de noventa días dende a data de caducidade. Se a renovación se solicita en data posterior á súa caducidade, a aturización de regreso terá unha vixencia máxima de 90 días dende que se concedese.

E se hai un caso de emerxencia? A lexislación sinala que en situacións de necesidade, a autorización de regreso a España se tramitará con carácter preferente. A autorización de regreso igualmente terá unha vixencia de 90 días como máximo dende a data en que sexa concedida, sempre que se resolvese favorablemente a solicitude inicial de autorización de residencia ou de autorización de estanza e está en trámite a expedición da Tarxeta de Identidade de Estranxeiro.

Onde se tramita a autorización de regreso? Nas oficinas de estranxeiría das delegacións ou subdelegacións de Goberno, comisarías ou postos fronteirizos. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas