GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Denuncian a situación das mulleres en centros de estranxeiría en España

(30/05/2012)

Denuncian a situación das mulleres en centros de estranxeiría en España

29/05/2012 | lainformacion.com 

Madrid, 29 may.- A ONG Women's Link Worldwide (WLW) denunciou a situación das mulleres recluídas nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) de España, cuxo novo regulamento, segundo a organización, non contempla tampouco ningunha medida especial para as inmigrantes embarazadas ou as vítimas de trata.

A ONG, que centra o seu labor na "xustiza de xénero", realizou está denuncia durante a presentación hoxe en Madrid do informe "Mulleres nos Centros de Internamento de Estranxeiros: Realidades entre reixas".

O estudo, que analiza as condicións dos dez CIE de toda España, foi elaborado mediante entrevistas persoais con 45 internas, a colaboración de varias ONG de apoio a esas mulleres e entrevistas cos xuíces de control, as autoridades e o Ministerio español de Interior.

No informe ponse de manifesto que nos CIE "vulnéranse sistematicamente os dereitos das mulleres", subliñou a directora executiva de WLE, Viviana Waisman, quen destacou a falta de acceso a servizos de saúde sexual e reprodutiva.

Waisman sinalou que non existen condicións e atención específica para mulleres embarazadas, non se garante o acceso a medicamentos ou tratamentos médicos e "o máis dispensado son os tranquilizantes", ata para mulleres en proceso de desintoxicación.

WLW tamén detectou que as mulleres adoitan ter instalacións máis pequenas e peor equipadas que os homes, que gozan de menos tempo no patio e que, nalgúns casos, son as responsables da limpeza dos seus propios módulos.

"Pero o peor é a privación de liberdade total e absoluta á que son sometidas sen ningún tipo de información", subliñou Helena Maleno, experta en temas de inmigración e unha das responsables do informe.

WLW é unha das organizacións ás que o Ministerio español de Interior informou sobre os avances na elaboración do regulamento que rexerá o funcionamento destes centros de retención de inmigrantes irregulares en proceso de expulsión.

"Non temos copia do borrador, pero polas palabras do responsable do ministerio que nos informou deducimos que non vai haber nada referente ás condicións e necesidades específicas das mulleres", asegurou Waisman.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas