GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Comeza a segunda edición do concurso escolar “Un mundo de cor”, co que a Xunta promove a diversidade sociocultural

(29/05/2012)

Comeza a segunda edición do concurso escolar “Un mundo de cor”, co que a Xunta promove a diversidade sociocultural

 
Martes, 29.05.2012
  • A esta iniciativa, posta en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentáronse o ano pasado máis de 300 obras.
  • O alumnado pode presentar traballos en calquera tamaño, soporte e material.
 
 
  • Obra gañadora da Primeira Categoría en 2011
    Obra gañadora da Primeira Categoría en 2011
  • Obra gañadora da Segunda Categoría en 2011
    Obra gañadora da Segunda Categoría en 2011
  • Obra gañadora da Terceira Categoría en 2011
    Obra gañadora da Terceira Categoría en 2011

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de poñer en marcha a segunda edición do concurso de debuxo e pintura “Un mundo de cor”. A finalidade da iniciativa é que o alumnado de Educación Primaria, e de Secundaria Obrigatoria, de tódolos centros escolares de Galicia (públicos, privados ou concertados) exprese a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na sociedade galega.

Na edición do pasado ano desta iniciativa pioneira, foron máis de trescentos os traballos presentados, que sorprenderon ao xurado pola súa variedade e calidade.

As institucións que promoven a acción pretenden con ela achegar a unha reflexión consciente do alumnado sobre a oportunidade e riqueza que supón esta variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rexeitamento do diferente. Así, quérese que os traballos reflictan temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc, das persoas procedentes doutros países e que viven canda nós.

Na carta remitida a tódolos centros polo subdirector xeral da Inmigración, Antonio Aguarón, e o de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila, subliñan que “os traballos presentados terán un só autor/a, e reflectirán temas relacionados coa integración da poboación inmigrante, a súa contribución ao desenvolvemento de Galicia ou a igualdade existente entre todas as persoas con independencia da súa orixe, raza ou nacionalidade”.

Ata o 30 de xuño
Os traballos poden presentarse realizados con calquera material, técnica e soporte, e en calquera tamaño, e deberán ser remitidos antes do 30 de xuño á sede da propia Secretaría Xeral da Emigración.

O concurso establece tres categorías diferenciadas: unha primeira para os tres primeiros cursos de Primaria, unha segunda para cuarto a sexto, e a última para estudantes da ESO. As bases completas do concurso poden consultarse e obterse na web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta http://emigracion.xunta.es

Nestas bases establécense tres categorías (1º, 2º e 3º de Primaria; 4º, 5º e 6º de Primaria; e alumnado de E.S.O.), e os premios correspondentes a cada unha delas. Así, para a primeira categoría contémplanse como galardóns unha caixa de pinturas, un caderno de pintura e un lote de libros infantís (1º premio), unha caixa de pinturas e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio).

Na segunda categoría, os premios consisten en unha PSP e un lote de libros infantís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio). E na terceira, os recoñecementos serán unha Play Station e un lote de libros xuvenís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros xuvenís (2º premio), e un lote de libros xuvenís (3º premio). Asemade, os centros escolares nos que cursan estudos os alumnos premiados recibirán un diploma acreditativo.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas