GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Igualdade destina 345.000 euros a axudas de pagamento único e indemnizacións a vítimas de violencia de xénero

(28/05/2012)

Igualdade destina 345.000 euros a axudas de pagamento único e indemnizacións a vítimas de violencia de xénero

 
Luns, 28.05.2012
  • O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria anual, en réxime de concorrencia non competitiva.
  • Esta contía engádese ao presuposto de 2,4 millóns para axudas de pagamento periódico, publicadas o pasado mes marzo.

O pasaddo ano un 74,5% das beneficiarias era de nacionalidade española e o restante 25,5% inmigrantes.

O DOG publica hoxe a Resolución da convocatoria de dúas liñas de axudas para vítimas de violencia de xénero, na modalidade pagamento único e de indemnización, cunha dotación total de 345.000 euros, un orzamento que se engade aos 2.396.650 euros destinados á modalidade de axudas periódicas, cuxa convocatoria anual foi publicada o pasado 2 de marzo.

A liña de pagamento único publicada hoxe conta cun presuposto de 300.000 euros e está destinada a mulleres vítimas de violencia de xénero, residentes en Galicia, que acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. A contía destas axudas de pagamento único é equivalente a un periodo de seis meses do subsidio de desemprego, unha contía que se incrementa se concorren os factores de familiares a cargo ou menores en acollimento ou de discapacidade.

O pasado ano foron perceptoras desta modalidade de axudas 48 mulleres, que no seu conxunto tiñan un total de 74 fillas e fillos. Delas, 24 pertencen á provincia de Pontevedra, 13 á Coruña, 6 á provincia de Lugo e 5 á de Ourense, sendo de nacionalidade española o 92% delas. Neste grupo de beneficiarias, hai 8 mulleres que teñen algunha discapacidade e unha que é nai dun menor con discapacidade.

Liña de indemnizacións
A segunda liña de axudas destinada a indemnizacións, cun orzamento de 45.000 euros, establece un pago máximo de 6.000 euros para os casos nos que se produce imcumprimento do pago da indemnización á vítima establecida mediante sentencia xudicial. O pasado ano houbo unha única beneficiaria desta indemnización asumida por Igualdade, residente na provincia da Coruña.

Axudas periódicas
A modalidade de axudas periódicas mensuais é a que ten unha maior dotación presupostaria e, polo tanto, maior número de perceptoras. O pasado ano, un total de 251 mulleres e os seus 255 fillos e fillas menores beneficiáronse desta liña de axudas, que se perciben durante doce mensualidades por contías que oscilan entre os 300 e os 800 euros. Delas, un 74,5% eran de nacionalidade española e o restante 25,5% inmigrantes, maioritariamente de orixe brasileira, seguida de colombianas, marroquíes, portuguesas e romanesas. Por provincias, Pontevedra encabeza a listaxe con 107 perceptoras de axudas, seguida da Coruña con 80, Ourense con 34 e Lugo con 30. O perfil de idade maioritario é o de mulleres no rango de 26 a 45 anos, que representa o 66% do total.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas